DEFENSA DEL ORO
Inés Sotelo quiere más metal
POPULARES
O Correndo x Ourense celebra a primeira das seis probas das que consta o circuíto este domingo, 24 de abril, polas rúas do barrio do Vinteún. A primeira das categorías en participar será a dos máis pequenos, oficialmente pitufos, que tomarán a saída ás 12:00 horas, dez minutos máis tarde farano as categorías alevín e benxamín, ás 12:15 horas infantís e cadetes e, ás 12:30 horas, o resto das categorías. Os vestiarios para a proba estarán instalados no colexio Divino Maestro.
A proba deportiva obrigará a facer unha serie de modificacións no tráfico nas rúas afectadas, concretamente na Avenida de Santiago en dirección centro, no tramo comprendido entre as rúas Río Limia e Río Arnoia. O tráfico sentido centro desviarase pola rúa Río Limia cara a Alejandro Pedrosa e, de novo cara á Avenida de Santiago pola Rúa Río Arnoia. O corte farase efectivo ás 10:00 horas, e non se restablecerá a normalidade até as 14:00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DEFENSA DEL ORO
Inés Sotelo quiere más metal
SEGUNDA FEDERACIÓN
El delantero Marquitos, refuerzo de lujo para el ataque del Ourense CF
11 RENOVACIONES
Ontime: el fichaje es Cata
Lo último