NOVENA EDICIÓN
El Trail de Sandiás no falla
ATLETISMO
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na presentación do "Ourense Termal Athletics Meeting", a proba deportiva que por terceiro ano consecutivo reúne aos mellores atletas galegos, do noroeste de España e do Norte de Portugal en pista. O evento, que está co-organizado pola Deputación de Ourense, celebrarase o vindeiro sábado, 20 de xuño, nas instalacións deportivas do Campus de Ourense, no que se prevé se dean cita máis de 300 deportistas.
Manuel Baltar dixo que esta "é a proba estrela do noroeste español no que a atletismo en pista se refire, un evento que conta co apoio da Deputación de Ourense porque o goberno provincial defende precisamente os valores do deporte, centrados no dinamismo, a cooperación e a superación". Baltar destacou que este evento "é un perfecto escaparate para a capital e para a provincia de Ourense, tendo como referente unha proba de alto nivel deportivo como esta.
Xunto a Manuel Baltar, no acto de presentación estiveron o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o director da Área de Planificación do Campus de Ourense, José María Faílde, e o presidente do Club Deportivo Aurum, Lalo Gómez.
O "Ourense Termal Athletics Meeting" -incluído no calendario de competición nacional da Real Federación Española de Atletismo- está organizado pola Deputación de Ourense; a Concellería de Deportes e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense; a Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, coa colaboración do Club Deportivo Aurum e a Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletism
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NOVENA EDICIÓN
El Trail de Sandiás no falla
SEGUNDA FEDERACIÓN
Diego García vuelve al Ourense CF
RECORRIENDO LA PROVINCIA
Galería | El IX Trail y Andaina Montes de Sandiás vence al calor y las altas temperaturas
DEFENSA DEL ORO
Inés Sotelo quiere más metal
Lo último