GALICIA

Convocan unha marcha "pola unidade" da nación galega o próximo 25 de xullo

Os promotores, entre eles Suso de Toro ou Xurxo Souto, chaman a cidadáns, asociacións e partidos a celebrar "xuntos" o Día da Patria

Un 25 de xullo "para todos". Os promotores do Manifesto pola Unidade, entre os que se atopan cidadáns, escritores como Suso de Toro e Rosa Aneiros e artistas como Xurxo Souto, convocaron unha manifestación para reivindicar a "unidade" da sociedade galega de cara a celebrar "xuntos" o Día da Patria.

Tras solo un mes de 'andaina', dende a "inocencia" e as limitacións por falta de recursos, o colectivo presentouse publicamente este venres consciente de que é "un momento importante" na historia do Estado e tamén para Galicia, que a sociedade galega debe aproveitar para encarar o próximo 25 de xullo actualización a "emoción e a ilusión de ser país" e "a conciencia de ser unha nación".

O escritor Suso de Toro realizou un chamamento tanto a asociacións e cidadáns, así como ás formacións políticas, que sintan que "Galicia é unha nación que existe e debe existir", para secundar a marcha que se celebrará en Santiago o próximo 25 de xullo, e que sairá ás 12.00 horas da Alameda compostelana.

"Xuntos. Oralmente é a palabra que mellor define o que queremos ese día", engadiu o escritor Xabier P. DoCampo, quen quixo aclarar que eles, "como cidadáns", son os "únicos convocantes" da iniciativa e que ningunha formación política o fai no seu nome.

Así, pediu "á nación galega que secunde este chamamento" nunha xornada que representa "un símbolo" para todos. "Se nos ven xuntos probablemente alcanzaremos un pouco mais de respecto da sociedade galega".

Pola súa banda, Pilar Fernández considerou que o país vive "Un momento especial" no que os dereitos "están a desaparecer" e no que "o pobo galego ten que ter voz propia", coa "responsabilidade" de participar nun "proceso de evolución".

Unha marcha que reflicta "as particularidades" e "os distintos sentires" da sociedade galega, tras unha pancarta baixo o lema 'A Nación Galega' tras a que marchará unha cabeceira formada por persoas e cidadáns que se manifestarán sen símbolos, aínda que non coartarán "a liberdade de ninguén" para que leven as súas propias bandeiras ao longo da marcha.

APELAN A 'NUNCA MÁIS'

O xornalista Xosé Manuel Pereiro, pola súa banda, apelou ao espírito de 'Nunca Máis', un movemento que xurdiu ante "unha situación de urxencia", para pedir "unha reacción" e que "cada cidadán decida" e "se retrate" nesta convocatoria.

Tamén destacou a diversidade nos do manifesto que colgaron online na web 'polaunidade.blogspot.com.es', que xa conta con preto dun millar" de sinaturas "de todo tipo". "Ata un actor porno", chanceou.

"Se non nos unimos como galegos para isto, penso que non nos uniremos por cousa ningunha", insistiu, ademais de engadir de que é conscientes de que os partidos teñen "os seus problemas" e discusións, pero que hai decidir entre as prioridades das formacións "ou da xente".

Suso de Toro considerou, ao respecto, que espera que os chamamentos e actos convocados para o 25 de xullo "conflúan", máis alá das diversas opinións, e que Galicia "se actualice como nación" converter ese día nunha xornada histórica".

Xurxo Souto, ademais, considerou que non se trata dunha "negociación" con formacións políticas senón dunha "convocatoria dende a inocencia absoluta" dun grupo de cidadáns, e sobre todo "unha celebración" colectiva. "Ten que ser unha festa", engadiu.

Os promotores esperan que as diversas entidades e asociacións conformen nos próximos días a súa participación na manifestación, que conta cun símbolo deseñado por Pepe Barro.

"SEN CAPITALIZAR"

Pola súa parte, o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, asegurou que o BNG aposta por "un 25 de xullo unitario" para "estar xuntos todos os nacionalistas celebrando o Día dan Patria Galega", para "defender Galicia" e "que a xente nova siga tendo futuro".

"Cremos que é necesario que todos sexan capaces de xuntarnos e defender a Galicia como unha unidade", remarcou o líder do Bloque antes de participar en Santiago nunha multitudinaria manifestación en defensa do sector lácteo.

A este respecto, o coordinador de Anova, Antón Sánchez, subliñou que a súa formación se mostra partidaria dun "día da cidadanía do pobo galego" e "sen que capitalicen ese día os partidos". "Nós apoiaremos todas as iniciativas que defendan ese marco e aí estará a militancia de Anova", afirmou.

"Cremos que ten deixar de ser o día do partido para ser o día da nación galega", asegurou tamén á saída da manifestación en Salgueiriños.

Te puede interesar