EXCESOS DE JORNADA
La apertura de los PAC las 24 horas del sábado, pendiente
LUTO NA CULTURA GALEGA
A Real Academia Galega (RAG) lamentou este xoves o falecemento do xornalista, tradutor e ensaísta Ramón Lugrís, "voz destacada do galeguismo europeísta".
A través dun comunicado, a RAG recordou a figura de Lugrís como "voz destacada da xeración de novos que traballou pola recuperación da conciencia galeguista nos 50". Nacido en Ferrol en 1932, faleceu este mércores no seu domicilio de Cidade Real.
Para Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, institución da que era académico correspondente, Lugrís foi "un dos pioneiros" da xuventude dos anos 50 que "levantaron por primeira vez a bandeira do galeguismo", unha traxectoria na que foi decisiva a figura de Ramón Piñeiro.
"Coa morte de Lugrís desaparece unha voz moi importante do galeguismo no seu tempo, que se mantiña fiel aos principios do galeguismo europeísta dende a súa xuventude", destacou Alonso Montero, quen puxo de relevancia a súa profunda concienciación política.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXCESOS DE JORNADA
La apertura de los PAC las 24 horas del sábado, pendiente
SUPLANTACIÓN DE IDENTIDAD
Consejos para evitar las ciberestafas en empresas ante el repunte de los fraudes en Galicia
Lo último