RELEVO ASEGURADOA
O futuro da comarca de Monterrei desfila o seu enxeño
ENTROIDO 2017
O cambio de data e a gran novidade este ano no Entroido que por terceira edición organiza a asociación Os Chocalleiros de Vilardevós, responsable da recuperación desa figura. Será o sábado e non o martes cando teña lugar a celebración na vila, co único propósito de atraer a máis asistentes ao tratarse dun día inhábil. Os cáse que trinta figurantes que está previsto que participen sairán na procura das comparsas e do resto de disfraces cara as catro da tarde polas rúas da aldea. Arredor de dez son os cativos "chocalleiros", garantindo xa así a continuidade da festa.
Dende o campo de fútbol partirá a comitiva completa, abrindo o rei o desfile. Chegarán todos ao cruceiro, onde está previsto que teñan lugar o resto dos actos programados. Alí, ademáis da amenización musical do Dúo Sabrosito, ás 18 horas locirá de novo a rubia, para presenciar a lectura do testamento e a comparecencia, como novidade tamén este ano, duns cantos cabezudos que acompañarán aos bombos e os fachóns na queima do tradicional "meco".
Tocará cear bolos preñados alá polas 20,00 horas, para rematar ca festa do mellor dos xeitos posibles, bebendo queimada logo do seu particular conxuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RELEVO ASEGURADOA
O futuro da comarca de Monterrei desfila o seu enxeño
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Lo último
VENRES DO COMPADREO
O porco ao espeto e Os Festicultores animan a tarde de chuvia en Verín
SEN MEDO Á CHOIVA
A “Noite de Entroido” fixo vibrar as rúas de Allariz