MONTERREI

Esquerda Unida felicítase pola sentenza do parador de Verín

Dita sentenza confirma a do xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Ourense

Esquerda Unida congratúlase nun comunicado pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que declara ilegais as obras de rehabilitación realizadas pola Axencia Galega de Turismo levadas a cabo no interior da fortaleza de Monterrei co propósito de transformalo nun parador. 


Dita sentenza confirma a do xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Ourense, onde xa se destacaba que as obras realizadas excedían a edificabilidade máxima permitida para este Ben de Interese Cultural, no que ao número de habitacións dispoñibles se refire, doce fronte ás dez que fixa a ordenanza municipal reguladora.
A sentenza do TSXG, din dende EU, apoia o labor que desenvolveu a Plataforma pola Defensa do Castelo, que sempre denunciou esa actuación da Xunta.

Te puede interesar