FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
TURISMO
O Concello de Boborás en colaboración coa Deputación de Ourense, e contando co Centro de Estudios Chamoso Lamas, pon en marcha a actividade dos "Roteiros Culturais" polo municipio, co fin de dar a coñecer os recursos naturais, culturais, patrimoniais e etnográficos de cada unha das 14 parroquias. O custo desta actividade na súa totalidade será de 4.053 euros, financiado nun alto porcentaxe pola Deputación provincial.
O obxectivo principal será a divulgación dos recursos que posúe o Concello de Boborás. En concreto, esta programación cultural desenvolverase en cada unha das parroquias do municipio, exceptuando o caso de Brués, no que haberá dúas, co fin neste caso e sendo a última unha delas, a de ver a evolución do monte de Coto Molín afectado por un incendio que o asolou en setembro de 2016.
As visitas programaranse desde abril e ata novembro, cunha media de dúas por mes. Serán os domingos de 9.30 a 13.30 horas. Desde o Concello farase difusión de cada unha delas, tanto entre os veciños e da parroquia en cuestión, así como do resto do Concello e entre os numerosos visitantes que recibe ao longo do ano procedentes de diferentes partes do mundo, "e que quedan asombrados polo inmenso, fermoso e importante patrimonio que o noso municipio posúe", segundo manifesta a tenente de alcalde, Patricia Torres.
Debido ao gran numero de recursos visitables, para este 2017 faranse os roteiros por zonas concretas de cada parroquia, quedando aínda outros pendientes para os roteiros culturais que se prevén realizar no ano 2018.
As visitas levaranse a cabo da man dos historiadores e arqueólogos, Xosé Luis Sobrado e Jorge Lamas, así como o biólogo Diego Reboredo e o investigador Juanjo Álvarez, entre outros, membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas. Juanjo Álvarez será o encargado de incluír en dúas das visitas unha experiencia de arqueoloxía experimental.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
TRIUNFO DEL LOCAL
Jacobo Senín ganó en A Estrada
NUEVA EDICIÓN
39 edición del Campamento Urbano Amencer
CARTA FIRMADA POR 22 LÍDERES
Feijóo acusa a Sánchez de ser un "paria" en Europa tras la crisis migratoria de Ceuta
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 3 de agosto?