UN AÑO CRÍTICO
24 carballiñesas, víctimas de la violencia de género
TEATRO
O Carballiño albergará entre os días 8 e 11 de setembro as máis importantes compañías teatrais de toda a comunidade. Serán catro días nos que o concello ourensán será un ano mais a capital do teatro galego, con programación e actividades de mañá, tarde e noite dirixidas a todas as idades.
A gran novidade deste ano será a estrea de "Arenteiro", unha montaxe cargada de humor e retranca, da man dos actores Carlos Blanco e Celso Fernández Sanmartín.
O FETEGA será escenario tamén doutros grandes das artes escénicas galegas, como Ibuprofeno Teatro, coa sua obra ‘O Furancho’, interpretada por Isabel Risco e Marián Bañobre; e Mofa e Befa, que dirixidos polo mestre Quico Cadaval subiranse ás táboas co seu ‘Bobas&Galegas’. A Compañía Floristería e Artesa Cía traerá ‘Eu encargábame dos nenos e o meu home da parte dos gastos’, unha montaxe moi actual sobre a desigualdade de xénero, protagonizada por Manu Fernández, Vicky Pérez e Laura Villaverde. Todas estas representacións terán lugar no Auditorio do Carballiño e o prezo de cada entrada será de 8 euros, aínda que hai desconto para os que desexen mercar para os catro días.
Todo isto completarase con actividades gratuitas para nenos, obradoiros ou actuacións de maxia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN AÑO CRÍTICO
24 carballiñesas, víctimas de la violencia de género
NOSA LITERATURA
A Insua dos Poetas pechará o ano Castelao o sábado
PREMIO DA NOVELA DE GALIZA RURAL
Óscar Reboiras presentou a súa obra “El caso Salgueiro”
UN ESPACIO PARA REUNIRSE
El Concello de Piñor licitó el bar municipal
Lo último