100 METROS CUADRADOS
Santa Mariña contará con una nueva excavación
o carballiño
As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) rendiron homenaxe onte ó Cine Clube Carballiño con un recoñecemento ós 45 anos da súa historia e por ser a entidade impulsora das xornadas, que se están desenvolvendo desde o pasa- do 11 de agosto, na súa 31 edición. O Auditorio municipal acolleu un sinxelo acto no que o concelleiro de Cultura, Rodrigo González He mida, e o coordinador das Xoci- viga, Anxo Santomil, entregaron unha talla de madeira, da que é autor Chicho Carballido, e que re- cibiu o actual presidente do Cine Club, Ricardo Paz. O edil de Cultura ensalzaba o traballo levado a cabo por moitas persoas ó longo dos últimos 45 anos e amosaba o seu agradecemeto "polo seu tra- ballo polo Carballiño e polo cine". González Hermida tamén lembrou o cine de Leiro ó que agradeceu a cesión de material do seu museo. Anxo Santomil recoñecía tamén o labor de moitas persoas "que tra- ballaron durante moitos anos pa- ra que sigan as Xociviga", mentras Ricardo Paz expresaba os seus des- exos de continuidade para o Cine Club Carballiño.
Durante os tres minutos seguintes proxectouse unha reportaxe fo- tográfica sobre os 31 anos das xor- nadas, con imaxes dos numerosos profesionais do mundo do cine que pasaron pola vila e tamén instantáneas dos organizadores.
Posteriormente, presentou un dos clásicos do cinema portugués "Manhá Submersa" o seu director Lauro Antonio, que foi a primeira película programada nas Xoci- viga do 1984. Ademáis contouse con Carmen Suáres para falar do seu proxecto "Foto falada, fálame San Sadurniño", rematando coa entrega dos premios dos concursos de curtametraxes e fotografía e a proxección "Os Fenómenos", de Alfonso Zarauza.
Hoxe conclúen as xornadas, es- tando previsto un encontro audiovisual Galica-Portugal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
100 METROS CUADRADOS
Santa Mariña contará con una nueva excavación
MÁS DE 30.000 EUROS
Mejoras en la red de suministro de Toscaña
Lo último
INNOVACIÓN Y TECNOLOGÍA
La soberanía tecnológica, un factor decisivo para la industria gallega
LA HUELLA DE LOS INCENDIOS
La Región y Telemiño emiten el reportaje "Lume. A loita de Yago"