Unha asociación xuvenil de Berán defende a existencia dunha ruta Xacobea do Ribeiro

Documentación aportada por veciños do Ribeiro motivou a un grupo de xóvenes de Berán (Leiro) a poñer en marcha unha iniciativa encamiñada a conquerir a declaración do Camiño Xacobeo do Ribeiro. A asociación ’Berán, sempre en nós’ remitiulle os datos a nove concellos afectados.
Unha asociación xuvenil de Berán defende a existencia dunha ruta Xacobea do Ribeiro
A asociación ’Berán, sempre en nós’ pon en marcha unha iniciativa encamiñada a promover ’O Camiño Xacobeo do Ribeiro’. Neste senso, dirixiuse a tódolos concellos polos que, según afirma, transcurría o camiño para pedirlles, previo acordo dos plenos, a implicación no estudo histórico e o seu apoio para conquerir a declaración do mesmo.

Esta entidade de recente creación basease en feitos históricos para afirmar que ’tal camiño viña do que hoxe é Portugal, arrancando posiblemente de Coimbra. O seu itinerario seguía pola beira do Miño, percorrendo os actuais concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia ata Castrelo de Miño, cruzaba o río hasta Ribadavia, continuando por Beade, Berán e Lebosende (Leiro). Baixaba a Pazos de Arenteiro, subindo a Astureses, en Boborás, para coller para A Estrada, camiño de Compostela’.

Jacobo Almeida, membro da asociación, destaca a importancia da ruta comercial no que atañe ó viño do Ribeiro, tendo en conta, ademais, que ’das rutas comerciais xurdiron as xacobeas’, sinalou Almeida. O proxecto empezou a tomar forma a partires da documentación dispoñible entre veciños do Ribeiro. ’Este camiño constituía unha importante vía de comunicación comercial con Compostela na Idade Media’, manifestan dende a entidade xuvenil.