Diverxencias sobre as previsións da vendima no Ribeiro

VENDIMA

Unións Agrarias cifra nun 30% menos respecto do ano pasado as expectativas de colleita e no Consello Regulador negan esa porcentaxe.

X.A REBOIRO
Publicado: 25 ago 2016 - 10:40 — Actualizado: 25 ago 2016 - 14:18

No Consello Regulador do Ribeiro aínda non hai fixadas datas no calendario para a campaña da vendima correspondente a este ano, "xa que será unha das tarefas do novo grupo de traballo, e sempre contando co asesoramento dos nosos técnicos", suliña Cristina Alcalá. Unha campaña que na organización Unións Agrarias ven con certo pesimismo.

Ó respecto, Xosé Ramón González, responsable de Agricultura deste sindicato, apunta que "os produtores están moi preocupados ante unhas expectativas de colleita nas que, como vimos dicindo dende hai tempo, a caída na produción no Ribeiro será, cando menos dun 30%, polos efectos do mildeu e a falta de auga que están sufrindo as cepas".

Unha opinión coa que non está dacordo a xerente do Consello Regulador. Así, Cristina Alcalá asegura que "a colleita vai ser un pouco inferior á da campaña anterior, pero non na porcentaxe que alguns din". Ó respecto, nas cifras que manexan os técnicos da Denominación de Orixe se prevé un volumen aproximado de 13 millones de quilos de uva, o cal tradúcese nunha reducción do 10% con respecto ó 2015. Cabe lembrar que a produción correspondente ó ano pasado foi duns 14,3 millóns de quilos, dos que o 90% foi viño branco e un 10% viño tinto.

Contenido patrocinado

stats