ACCIDENTE DE TRÁFICO
Noche accidentada en Ourense: un herido en una colisión y un atropello a un jabalí
ARTE ET ALIA
Con Mar de Redes chega a auga ao Campus, e o emblemático Edificio de Ferro é o seu centro. Na súa fachada está a mostra expositiva das redeiras, esas mulleres invisibles e fundamentais da pesca do cerco. E as imaxes fixas nas paredes de cristal semellan fluír, e moverse. Dende as mans de Ruth Villar chega ata nos este proxecto gráfico que amosa escenas reais dos seus traballos á par do dos homes na mar, e a pesca de baixura. Amosalo para que se coñeza, e decatarmos así do outro prato da balanza cando levemos á boca os produtos dos nosos mares. Fanse estes traballos dende fai séculos, e son moito máis que postais típicas nas ramplas dos portos no verán. A súa visibilidade pon tamén en marcha o asociacionismo de todos aqueles que se dedican a estas labores cos aparellos de pesca, maioritariamente mulleres. Están agora mergullados na pesca dos palangreiros e o traballo dos chavoleiros e redeiras que preparan e reparan en terra os miles de anzois... Pensando na loita de mulleres e homes pola subsistencia diaria nos tempos duros do inverno, nun medio como o mariño ultimamente tan ameazado e sempre no perigo do seu outono. E esta a estación na que andamos, que se sinte no estanque do Campus Sur, cheo de follas, e nas súas plácidas augas aboia Primeira Liña, a exposición flotante de Sabela Andrés. Alí, rodeada da vexetación de auga e as aves acuáticas hai unha vez máis outra mostra da sensibilidade do Outono Fotográfico e a Universidade con un tema, que está a piques de alborexar co Campus da Auga, gran proxecto.
Aurelia inmortal
Dende a investigación biolóxica da medusa aurelia aurita, e o seu extraordinario ciclo vital por He Jinru publicados na revista Pols One e na National Geographic, Javier Viver fixo esta exposición. O animal mariño é fotografado nun gris espectral sobre un fondo negro dándolle á presentación un ar de misterio. Un foto-libro, con capas imantadas e follas unidas en acordeón que permiten que poida abrirse formando unha efémera escultura en estrela, que é como se amosa na Galería e as súas fotos, en papel Hahnemühle, ampliadas e reproducidas nas paredes. Co libro vai con outro pequeno volume con debuxos e textos que dan conta como unha vez que a medusa semella morrer comeza nela outro ciclo que fai que se rexenere... O fotógrafo e editor é un relevante artista madrileño doutorado en BB.AA. pola Complutense de Madrid que tamén se desenvolve no campo da escultura. Cos seus traballos en diversos museos e fundacións ten acadado becas que o levaron a Nova Iorque, Roma, Barcelona e Shangai. A súa tese en 2008 sobre o Laboratorio Plat de Val del Omar, antes de ser desfeito, e traslado ao Museo Reina Sofía; e Révèlations, iconographie de la Salpêtrière, París, con Gonzalo Golpe, recibiu en 2015 o premio ao mellor libro de arte do ano. Das exposicións, a primeira estará aberta ata fin de xuño do próximo ano, e esta ata mediados de febreiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Noche accidentada en Ourense: un herido en una colisión y un atropello a un jabalí
LA MÁS POBRE DE GALICIA
Cae la pobreza en Ourense, pero aún castiga a uno de cada cinco hogares
EN MÍNIMO HISTÓRICO
Solo una de cada tres familias ourensanas tira de la huerta para ahorrar
Lo último
ALUD MORTAL EN ARAGÓN
Nueva tragedia en el Pirineo: hallado muerto el montañero atrapado por un alud en Huesca
RETRASOS Y COMPENSACIONES
Transportes reforma el reglamento para frenar indemnizaciones en Renfe
TEATRO DA DIÁSPORA
Buenos Aires: el gran escenario gallego