EN OURENSE

Na busca dos incendiarios da provincia

FFD
photo_camera Unha vez analizado todo o perímetro do incendio, o axente forestal Amadeo Ferreiro coloca o cartel de punto de inicio e a bandeira amarela, que serve para identificar o lugar exacto da primeira chispa que provocou o lume.

O proceso de descubrir quen está detrás dun lume conleva horas de análise, de volver ao lugar queimado, de falar cos veciños, de pasear cos ollos ben abertos, de observar os posibles patróns e, sobre todo, de non perder a paciencia.

O noso traballo está encamiñado a que remate a impunidade dos incendios provocados", afirma Amadeo Ferreiro, axente de investigación forestal. O seu traballo é, dende fai cinco anos, descubrir como se producen os lumes e, si son intencionados, quen está detrás da súa autoría. "Neste oficio hai que estar preparado para rematar a tempada coas mans baleiras. Ninguén che pode garantizar que vas atopar aos culpables", comparte. Antes de poñerlle nome e apelidos a un incendio, é preciso realizar unha minuciosa tarefa de averiguación de meses ou anos. "Hai moita observación, moito de pasearse, escoitar aos locais e volver unha e outra vez, facer paseos nocturnos e anotar matrículas de coches", explica o axente. "Tamén é certo que hai certas zonas nas que repiten os mesmos patróns incendiarios, polo que lle prestamos máis atención", engade. Amadeo traballa no Distrito Forestal XII Miño- A Arnoia, onde ten o seu campamento base. "Cando chega a alarma dun lume, o máis importante é a inmediatez, para que o escenario esté o menos pisado e tocado posible", apunta. De acompañante, a maleta de investigación, cos artiluxios necesarios –bandeiras, pinzas, cordeis, guantes, lupapara realizar a súa labor. 


Zona cero


Para acotar a zona cero, é necesario pedirlle información á persoa que chamou por teléfono para informar do lume (onde o viu, se escoitou algunha explosión), cos brigadistas que acudiron a extinguilo e cos medios áreos, para coñecer as zonas sobre as que actuou (a auga pode eliminar vestixios). Por outra banda, tamén hai que coñecer os datos meteorolóxicos das primeiras horas e o plano orográfico da zona, para entender o avance do lume. 

"Unha vez que coñeces a área inicial -aproximadamente-, comeza o traballo de buscar vestixios", sinala o axente. As árbores e as plantas son imprescindibles nesta primeira etapa: "Hai que comprobar cal é a parte dos troncos e das ramas que está máis queimada, porque amosa por onde lles entrou o lume. As veces, por un lado está calcinado e polo outro aínda hai liquens". Elementos como as cunchas de caracois presentan á perfección a chamada zona de ataque -a traxectoria que seguiu o incendio dende o seu inicio-, pois só se calcinan no punto exacto no que as tocou. Tal e como sinala Amadeo, as gramíneas tamén son de gran axuda, xa que o seu tacto rebela o camiño do lume."Mentres realizamos a análise da zona, imos colocando bandeiras brancas ao lado de obxectos que non deberían estar no monte, como latas de bebida ou colillas, e bandeiras vermellas na dirección na que avanzou o lume", comenta Amadeo. Ao mesmo tempo, axudándose dun cordel, os axentes acotan a zona cero, para observala e analizala pormenorizadamente. "Ás veces hai sorte e atopamos o artefacto incendiario, que gardamos acompañado dunha acta con testigos, se é posible", declara. Pouco a pouco, a zona de inicio comeza a restrinxirse a unha porción de terreo máis pequeno, ata que se identifica o punto exacto. "Sacamos fotos de todo o que pode ser importante para realizar o posterior análise escrito da investigación", sinala. San Cibrao das Viñas. 24/09/2018. Reportaje sobre el trabajo de la brigada  de investigación de incendios forestales en el distrito de Ourense de Medio Rural. En la foto Loreto López.Foto. Xesús Fariñas

Despois da primeira visita á zona cero, os axentes volven varias veces máis: "Eu se vexo que hai 'chicha' regreso ao lugar, porque por moi tenue que sexa o fío que temos, hai que seguir tirando del e atopar algunha pista máis". 


"Unha campaña non remata ata que pasa o 31 de decembro"


Polo momento, este ano está sendo "tranquilo" no Distrito Forestal XII Miño-A Arnoia. Porén, a súa xefa, Loreto López,  é precavida: "Unha campaña non remata ata que pasa o 31 de decembro. O ano pasado non houbera moitos incendios e, de súpeto, o 15 de outubro ardeunos o que non nos ardera no resto dos meses". López considera que a colocación de cámaras de vixiancia en diversos puntos dos montes ourensáns, así como o efecto disuasorio das investigacións poden ser algunhas das razóns desta diminución de lumes. "Na cidade cambiou por completo o panorama: fai anos repetíase cada ano a mesma imaxe dos incendios acorralando Ourense", explica. Ademais, a xefa do distrito sinala a importancia da concienciación ambiental e da formación cos cidadáns e, sobre todo, cos máis pequenos.

Te puede interesar