CULTURA

Chus Pato: "Síntome pequena pola magnitude do premio"

Ourense. 23-09-2017. Chus Pato toma posesión como académica de la lengua galega. Paz
photo_camera Chus Pato, na toma de posesión como académica, no IES Otero Pedrayo.

O xurado do "Clara Campoamor" otorgou por unanimidade o galardón á poeta ourensá

O xurado da edición número 12 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou onte por unanimidade concenderlle o galardón á poeta e mestra de Ensino Secundario Chus Pato, que ingresou na Real Academia Galega o pasado 23 de setembro.

"Estou moi emocionada, paréceme incríble poder levar un premio co nome de Clara Campoamor, síntome pequena pola magnitude do nome", expresa a ourensá. "O que sinto é felicidade e ledicia", engade.

O xurado do premio estivo formado por Sofía Godoy, concelleira de Igualdade; María Elena de Jesús, directora do CIMM; María Elena Paz, en representación do Consello Municipal de Igualdade; María Luísa Rodríguez, da comisión de investigación e seguemento da violencia exercida contra as mulleres; María Luz Villar, escritora e dramaturga e María Jesús Vázquez, xefa de negociado da Concellería de Igualdade. No seu fallo subliñan que o traballo de Pato "é recoñecido máis alá das nosas fronteiras, sendo traducida ao español, ao inglés, ao portugués, ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, e ao árabe, entre otros, polo que a súa presencia está en todas as antoloxías internacionais".

O motivo do premio, a Igualdade de Oportunidades, supón para Chus Pato "unha alegría maior" por recoñecer o seu compromiso feminista. Profesora de Ensino Secundario nun colexio de Lalín, admite que a súa profesión "é un dos escasos lugares nos que si hai igualdade". A cousa cambia no ámbito das Letras: "Non hai igualdade. As mulleres escoitamos continuamente como se nos chama poetisa ou se fala do boom das mulleres na poesía. Iso non é real", revindica.

“Estou terminando un libro"

O próximo 10 de marzo, Chus Pato visitará Ourense para ofrecer un recital poético, enmarcado nos actos da exposición "O eco das amazonas", do pintor celanovés Baldomero Moreiras, que exhibe obras de mulleres silenciadas pola Historia na Sala Valente. Ademais, Chus Pato adianta  que "estou terminando un libro". 

Te puede interesar