ENTREVISTA - POLÍTICA

Díaz Mouteira: "As peticións na folga de xustiza seméllanme, como cidadá, inxustas"

OURENSE (EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA). 08/03/2018. OURENSE. Retratos de Marisol Díaz Mouteira, delegada territorial da Xunta en Ourense, mientras es entrevistada. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Marisol Díaz Mouteira, durante a conversa no seu despacho.

A delegada territorial da Xunta de Galicia asegura que ela é "máis de diálogo e negociación que de lemas, protestas…"

Funcionaria da Xunta dende 1994, Marisol Díaz coñece ben a administración e ao seu partido, un PP no que durante anos serviu de ferramenta para, por exemplo, substituír no Parlamento a Manuel Baltar en 2012 e a Jesús Vázquez no 2015. Foi cabeza de lista nas autonómicas, pero Feijóo, pechada a segunda maioría, encomendeulle de novo a delegación, á que chegara meses antes en relevo de Rogelio Martínez. Agora, asentada no posto, das súas pateadas pola provincia di percibir "un retorno ao rural, de persoas que deciden emprender e aproveitar as potencialidades". Optimista, para reverter o drama demográfico fai fincapé en intensificar as políticas de conciliación e de igualdade. A muller con máis responsabilidade política na provincia articula este discurso na tarde do 8 de marzo ao tempo que desbota que ao PP lle faltase sensibilidade ou altura para dimensionar unha xornada que foi histórica. Ela, que "nunca" fixo folga nin foi a unha manifestación, non apoiou as mobilizacións, pero reivindica a súa traxectoria e traballo neste ámbito. "Comparto que queda moito por avanzar na igualdade. Temos que traballar moito, todos xuntos, incidindo na educación dos máis cativos. Pero son máis de diálogo e negociación que de lemas, protestas… O lévoo facendo toda a miña vida. Nunca collín unha pancarta". O xoves tamén foi o día no que se coñeceu a dimisión do xerente do CHUO, Dionisio López Bellido. Sorprendida –"aínda tiña unha conversa pendente con el "–, Díaz separa este feito de turbulencias na sanidade ourensá.

Di non ver conflito no CHUO. E no seu novo aparcamento? Os cartiños públicos para construílo, pero logo a xestión privada?

Non entendo esa crispación. É tan válida a xestión directa coma unha concesión, o importante é que o cidadán estea atendido. 

O debate está en como xestionamos os recursos públicos. 

En cada momento a administración ten que saber que é o mellor. E ás veces as colaboracións públicas-privadas son as que permiten sacar adiante os proxectos. 

Nun aparcamento aínda un pode entendelo, pero en Montealegre, deixamos a empresas ao cargo de menores con problemas? 

Coñezo ben a situación, ese traballo. Tiñamos un problema de fai tempo, necesitábase un sitio terapéutico para menores con problemas de conduta. Será un centro de referencia. Que non se confunda á poboación, queremos a mellor atención para os menores, con entidades especialistas neste traballo. 

E logo non hai especialistas na Xunta de Galicia?

Claro, e así temos o servizo de menores, que é a primeira intervención, con profesionais magníficos. Pero neste momento enténdense que dado o bo traballo que se está facendo en Montealegre e Montefiz hai que seguir na mesma liña. 

E o centro para adultos con discapacidade? Xa imos con retraso.

Hai un motivo. Non se parou nin un momento. Chegouse a elaborar un proxecto, que se desbotou e volveu a armar, co terreo de Barrocás. Dende a Consellería temos todo e pasouse hai un mes a documentación ao Concello para a cesión da parcela. Esperamos antes do verán ter xa o concurso de ideas. Nós, sempre escoitando e atendendo aos pais e nais.

Reivindica o seu rol de mediadora. Ao final terá que fichala Jesús Vázquez para o PXOM...

O Concello ten unha vida municipal tortuosa. Creo que a oposición é irresponsable. Irresponsable e obcecada. Non están amolando a Vázquez e ao PP. Están amolando á cidadanía de Ourense, ostaculizando moitos proxectos que poderían ir adiante. 

A realidade é que xa está aí 2019...

Non é fácil. Comparto moitos xantares con el, temos comidas de terapias, de apoio. Vese chafado, é unha persoa que cOURENSE (EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA). 08/03/2018. OURENSE. Retratos de Marisol Díaz Mouteira, delegada territorial da Xunta en Ourense, mientras es entrevistada. FOTO: ÓSCAR PINALre en Ourense, que vive por Ourense… A oposición non está á altura del, nin dos veciños. 

Di que a Vázquez non lle é doado. Pero ten fío directo coa Xunta.

Pode ter toda a axuda do mundo, que mentras a oposición siga bloqueando proxectos...

O proxecto da intermodal avanza. A vostede gústalle? Sei que me vai a dicir que é funcional…

Temos que partir de ser prácticos e operativos. Gústame? Si. Podería ser más bonita? Todo pode ser máis bonito. Creo que temos que pensar na calidade dos servizos dos cidadáns. E a intermodal vai mellorar a mobilidade, vai poñer en valor a zona… Era algo necesario e xa é unha realidade. Cada un ten o seu gusto, pero é funcional, e para todos. 

Non é o caso dos arquitectos. 

Non o entendo. Na derradeira reunión que tivemos con eles fixeron varias propostas. Tomouse nota e quedou reflectido no proxecto. 

Eles négano.

Aí xa me perdo. Saín convencida de que estaban valoradas as súas ideas.  Ata esta semana, que o atopei nos xornais. Sorpresa. 

Queixas polos orzamentos, a recoñecida discriminación ferroviaria... Vostede rexeita o maltrato de Ourense. Pero está satisfeita?

Os compromisos están aí. Intermodal, accesos A-52, avenida Otero Pedrayo…Satisfeita? Con contención. Conforme? Non. 

Pero recoñeza que son infraestruturas que levan atraso crónico.

Pero Otero Pedrayo, praza de Covadonga ou A Ponte... temos actuacións en cada recuncho da provincia.

Os incendios do verán apáganse no inverno. Como vai iso?

Traballamos no plan forestal. Temos xa orzamento para os perímetros de seguridade... 

Ninguén dubida da eficiencia na extinción. Pero o problema é...

Non chegar aí, si. A prevención? Podes ter unha boa prevención que despois… de nada serve todo iso se logo temos incendiarios. 

Incendiarios si, pero non esa famosa trama. 

Esa palabra nin a quero usar. Pero hai circunstancias... A conselleira sempre insiste en que queimar o monte sae gratis. Temos que ser duros, as leis teñen que ser duras. 

Pero a realidade é tozuda. Os investigados nos últimos meses foron por incendios de apenas unha hectárea... Non semellan ser o problema.

De nada serven as políticas de prevención se despois non hai resposta por parte do sistema. 

Precisamente ante o sistema estanse a rebelar amplios sectores sociais. Pensionistas, policías, guardias civís... o conflito da xustiza ten mala pinta. 

O goberno está polo diálogo. O tema que propoñen os sindicatos é puramente económico. Pero funcionarios, empregados, empresas.. todos tiveron que apertar o cinto. Coa recuperación, o lóxico é que vaiamos recuperando  a capacidade adquisitiva, de xeito progresivo  e para todos. É licito que reclamen, pero teñen que ser solidarios. 

Pois ten mal arreglo. 

O que non podemos acceder é a unha petición que sexa discriminatoria co resto de empregados públicos e a sociedade en xeral. Non quero criminalizalos, pero deberían reflexionar. Como funcionaria e como cidadá, parécenme inxustas as súas peticións. 

E que pasa cos pensionistas?

Toda a sociedade se viu afectada pola crise económica. A recuperación, sen poñela en risco, ten que beneficiar a todos. E entre eles, aos pensionistas.

Te puede interesar