A Fundación Insua dos Poetas dá a coñecer aos seus galardoados
CULTURA
Ademais do recoñecemento social, recibirán unha peza orixinal do escultor ourensán Acisclo Manzano, que será entregada a cada un deles
O xurado cualificador dos premios "Insua dos Poetas 2018" fixo público no día de onte os premiados deste ano, que recibirán, ademais do recoñecemento social, unha peza orixinal do escultor ourensán Acisclo Manzano, que será entregada a cada un deles no transcurso da décima edición da Festa da Palabra o vindeiro sábado 28 de xullo, dende as 11,30 horas.
O escritor ourensán Bieito Iglesias, dentro da sección de creación literaria; o artista, comunicador e debuxante coruñés Siro López (artes plásticas); a plataforma Mina de Touro-O pino non de A Coruña pola súa defensa e conservación do medio ambiente; Benigno Moure, promotor da Fundación San Rosendo, dentro da sección de Acción Social; Andrés Rodríguez, presidente de Viña Costeira (Iniciativa Empresarial), Beatriz Carballo, premio á migración; e Cablevisión de O Carballiño (Medios) serán os galardoados o vindeiro sábado no certame da palabra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, miércoles, 28 de enero
SE DUPLICA EN ESPAÑA
Ourense esquiva, con cero casos, el repunte del sarampión
Lo último
REGULARIZACIÓN DE MIGRANTES
¿Votan los migrantes en las elecciones? Qué dice la ley y por qué el debate ha vuelto al centro de la política
LA PORTADA DE LA REVISTA
Laura Portas: Los secretos de Mondariz
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes, 30 de enero?