PAÍSES MÁS VISITADOS
Portugal, Francia e Italia son los destinos estrella para el turista ourensano
"A verdade nos espellos", é o título da obra gañadora da XV edición do Premio Risco de Creación Literaria que organiza o Concello de Ourense, e ao que se presentaron un total de 16 traballos.
"A verdade nos espellos" é un libro de relatos e o autor é o chantadino Pablo Rubén Jorge Eyré. O xurado destacou que o contexto da literatura galega está moi ligada ao relato tal e como se manifesta neste libro que conecta "coa nosa tradición literaria". Asemade subliña como foi artellando os contos, a maneira de traballar os finais, sorprendentes, ben resoltos e destaca tamén a riqueza lingüística do texto e o coidadoso dominio do idioma.
O xurado estivo formado por Rubén Martínez Alonso, gañador da pasada edición; María Garrido, profesora de ensino secundario; Constantino Pazos Sobrino, profesor de ensino secundario; Ánxela Gracián, responsable editorial Sotelo Blanco e Luis Martínez Risco, representante da Fundación Vicente Risco. O Premio Risco de Creación Literaria ten como finalidade promover a creación literaria nun dos eidos máis amados por Vicente e Antón Risco, como o da literatura fantástica.
É un premio de carácter anual, co fin de abranguer os diferentes campos da obra non só de Vicente Risco, senón tamén a do seu fillo, Antón Martínez – Risco Fernández. A obra gañadora é premiada con 6.000 euros xunto coa publicación do libro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PAÍSES MÁS VISITADOS
Portugal, Francia e Italia son los destinos estrella para el turista ourensano
HUMOR E TRADICIÓN FESTIVA
Galería | Badaladas en Eiroás pola Voda da Pita, en imaxes
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Democracia
MIéRCOLES DE CENIZA
El obispo de Ourense pide una “renovación integral” durante la Cuaresma
La Región
Non o merecemos