reportaje - ourense

As mulleres que olvidou o home, pinturas para axustar contas

Paderne de Allariz. 10-07-14. Provincia. Entrevista a Baldomero Moreiras.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera O pintor celanovés Baldomero Moreiros, no seu estudo.

O artista celanovés Baldomero Moreiras presenta mañá o seu novo proxecto, "O eco das amazonas", na Sala Valente. Unha viaxe de cinco anos por biografías femininas silenciadas.

Antonia Uccello foi filla do recoñecido pintor Paolo Uccello. Só foi iso para a Historia, "filla de", malia que ela tamén foi artista. Outro pintor, o celanovés Baldomero Moreiras, imaxínaa agora, cincocentos anos despois da súa morte, xunto a outras 34 mulleres ocultas–mellor ocultadas–, nunha exposición única que foi un viaxe de cinco anos e que se presenta mañá as 20,00 horas na Sala Valente. "O eco das amazonas, retablo-pavana para unha Muller Oculta" é o novo proxecto deste autor que vén acompañado de varios actos en torno a mostra ata o próximo mes de abril.

Tirando do fío. Así comezou o proceso de busca de vidas femininas silenciadas. "Non foi fácil dar con elas, o home foi quitándooas do medio polo simple feito de ser mulleres. Son biografías que van dende os exipcios ata hoxe. Reunín 1.000 e seleccionei 500 nun primeiro momento, ata chegar ás 35 da exposición", conta Moreira., que rebuscou en Internet e en bibliotecas estes relatos olvidados. Haberá galegas entre as 35 obras seleccionadas.

Aínda que o destino destas biografías foi tráxico, a exposición dalles luz e mostra ao espectador a 35 mulleres alleas ao exterior, loitando ou cumprindo os sonos que máis tarde lle arrincarían. "Non quería ir á pintura negra, foi un reto canalizar o seu homenaxe sen coller a parte dramática. Enfoqueinas no seu momento de máximo esplendor, quixen imaxinalas así, sen ningún tipo de rigor histórico". Paleontólogas, científicas, poetas...todas falecidas, resucitan en forma de denuncia dende a arte nesta mostra que inclúe unha serie de eventos complementarios e cuxas datas de presentación non son aleatorias.

Pinturas no intre xusto

"Quero poñer o meu gran de area nestos momentos. Non me boto flores, quero dicir que o home ten que involucrarse nestos temas nos que normalmente son as mulleres as que toman a iniciativa. Hai que tomar conciencia. Eu xa non soporto un chiste groseiro sobre a muller. A sociedade vai cambiando", sinala o pintor. A primeira visita guiada a "O eco das amazonas" será o 8 de marzo, ca novidade de que unha parella de músicos, Juan Manuel Vázquez (vihuela) e Irma Fernández Alonso (frauta doce) acompañaran o percorrido. Que coincida co Día Internacional da Muller Traballadora "é a propósito", confesa Moreiras.

O autor atopou un fío do que tirar e cinco anos despois reúne estas vidas de mulleres ocultas nunha exposición "sorpresa".

O efecto sorpresa nunha mostra distinta

"Un chispazo,  un proceso que sucedeu case sen querer", di Baldomero Moreiras tras cinco anos de investigación sobre estas mulleres ocultadas. Esta exposición causará un "efecto sorpresa", según o autor. As historias descoñecidas destas voces femininas silenciadas non é o único factor para crear expectativas. "O atractivo da exposición tamén estará no estético, son obras tridimensionais", adianta o pintor celanovés. Ademáis da exposición e da visita guiada musical, os actos continúan cun recital de poemas inéditos de Chus Pato, o 10 de marzo; un concerto de guitarra de Tomás Camacho, o 15 de marzo;  unha conferencia de Xosé Carlos Sierra, o 4 de abril e outra de Manolo Menor o 12 de abril. 

Te puede interesar