A Peroxa pide solución ao excesivo minifundismo
ÁREA METROPOLITANA
Medio Rural comprometeuse co alcalde a impulsar a mobilidade de terras
O alcalde de A Peroxa, Manuel Seoane, pediu onte á conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, unha "colaboración institucional" para afrontar o problema do minifundismo agrario, "que dificulta a instalación de empresas" no municipio. "Hai que poñer a producir terras abandonadas, porque non nos podemos permitir o luxo de telas así. Ou se traballan ou se ceden", explicou Seoane.
A conselleira mostrouse "sensibilizada co problema", en palabras de Seoane, e confirmoulle que se traballará na solución. En concreto, ambos acordaron impulsar a mobilización de terras como xeito de dinamizar o medio rural, fomentando o seu aproveitamento con fins agrogandeiros.
Durante a xuntanza tamén se abordou o problema das árbores que invaden as estradas do municipio, xa que Seoane confesou que son "un perigo" para os vehículos. A conselleira transmitiulle a lexislación á que se pode acoller o Concello neste sentido.
Outra das preocupacións que transmitiu o rexedor da Peroxa foi relativa á proliferación de niños de vespa velutina no municipio. Seoane propuxo axilizar a súa erradicación, e recibiu o compromiso de que Medio Rural os retirará nun prazo de entre cinco e dez días.
TRACTOR NOVO
A titular de Medio Rural comprometeuse a estudar a solicitude do alcalde de contar cun tractor para roza de matogueira e así contribuír a reducir a biomasa nos camiños municipais e diminuír o risco de incendios forestais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN POSIBLE HERIDO
Vídeo | Dos coches sufren una fuerte colisión en Velle
Auge del alquiler temporal
El alquiler temporal moviliza al año 14 millones de euros en la provincia de Ourense
CAE LA OFERTA
Ourense pierde pisos turísticos por primera vez
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 24 de julio
cooperación contra el fuego
La Xunta enviará medios a Castilla y León sin reducir el operativo contra los incendios