PREMIOS

Os premios da 
Constitución repartíronse
 por 17 colexios

Os premios serán entregados o día 6 deste mes nun acto solemne no Auditorio Municipal de Ourense

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, presidiu onte o fallo do xurado da 32ª edición do concurso da Constitución que nesta edición contou con 1.040 traballos presentados e no que participaron estudantes de toda a provincia de niveis educativos que abranguen dende os tres ata os 18 anos de 32 colexios. Os escolares tiveron como referencia temática: “Das Cortes Xerais”.

Os 40 traballos gañadores distribúense polos colexios Franciscanas: 7; IES Taboada Chivite de Verín: 1; Colexio Sagrado Corazón de O Carballiño: 1; Maristas: 4; Carmelitas: 5; Santo Ángel: 3; IES Otero Pedrayo: 2; CEIP Castrelo de Miño: 5; CEIP Manuel Luís Acuña: 2; CEIP Mestre Vide: 1; CEIP Prácticas: 1; CEIP Manuel Sueiro: 1; CEE o Pino: 2; CEIP Maceda: 1; CEIP A Ponte: 1; La Purísima: 1 e Colexio Miraflores: 2.

O xurado encargado de cualificar os traballos presentados estivo conformado polo subdelegado do Goberno, Roberto Castro como presidente; Manuel Arias, secretario da Subdelegación, como vicepresidente; Ana Paradela, funcionaria como secretaria; Cristina Romero, deputada do PP no Parlamento de Galicia; Raúl Fernández, deputado do PSOE no Parlamento; María Belén Iglesias; concelleira de Participación Cidadá en Ourense; José Fernández, inspector de Educación e César Taboada, director da Escola de ArteAntonio Faílde.

As bases dos premios establecen dúas modalidades, de maneira que os 20 mellores debuxos de Infantil e Primaria recibirán un agasallo e un exemplar da Constitución; e os 20 mellores traballos da ESO, Bacharelato e FP serán galardoados cunha viaxe a Madrid para visitar o Congreso e o Senado. Os premios serán entregados no transcurso dun acto institucional, que terá lugar no Auditorio de Ourense o vindeiro 6 de decembro para conmemorar a festividade da Constitución.

Te puede interesar