Nove mozos toman rumbo a Londres para aprender inglés traballando
PROGRAMA DE MOBILIDADE
Os nove mozos participantes neste programa sairán 4 de outubro para estar oito semanas na capital inglesa con todos os gastos pagados
Os nove mozos ourensáns que forman parte do Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil (Galeuropa) xa están listos para afrontar as 8 semanas de prácticas laborais no Reino Unido, actividade coordinada desde a Concellería de Xuventude coa finalidade de ofrecerlle a mozos sen emprego unha oportunidade formativa a todos os niveis: profesional, académico e persoal.
Logo dun intenso curso de inglés, os 9 mozos partirán para Londres o vindeiro domingo 4 de outubro regresando o sábado 28 de novembro. Durante este tempo os participantes se aloxarán con familias locais en réxime de pensión completa. A concelleira de Xuventude, sofía Godoy, os despediu esta mañá no Espazo Lusquiños da Mocidade, onde animou os participantes do programa "a coñecer outras formas de encarar o traballo, facer un curso intensivo de inglés e, sobre todo, vivir unha experiencia a nivel persoal e enriquecerse con outras culturas".
A finalidade do programa é a integración dos participantes nunha organización laboral da capital británica para a realización de prácticas formativas non retribuídas, de modo que se integren na vida local durante o período sinalado ao tempo que se melloran as competencias no idioma estranxeiro.
A Concellería de Xuventude, que conta cunha persoa contratada para supervisar a estadía dos mozos en Londres, adaptou o perfil dos participantes ás empresas de acollida, nas cales será asignada unha persoa que exercerá a titoría das prácticas e se encargará de asignar as actividades que levarán a cabo cada un dos participantes, así como asegurar a efectiva realización das mesmas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VARIEDAD MUY TEMPRANA
El Ribeiro inicia la vendimia más madrugadora
RIESGO DE INCENDIOS
Activada la alerta amarilla por calor en Ourense para este martes
APARCAMIENTO DE LAS TERMAS
Vídeo | Susto en Outariz al arder una autocaravana: "No contestaba nadie"
Lo último
650 PERSONAS AFECTADAS
A Derrasa, en Pereiro de Aguiar, se queda sin luz por una avería causada por un particular
CAMPEONATO DE EUROPA
La española Marta García logra una plata que vale oro