ENTREVISTA

Santiago Prol: " Debería plantexarse adicar o día das Letras Galegas a Manuel Vidal"

1292233687793santiago_prol-1-1-_result
photo_camera O autor Santiago Prol.

O macedao Santiago Prol vén de publicar un libro que recolle a vida e obra dun rexionalista ilustre, en "Manuel Vidal, un presbítero ilustrado de Maceda", que presentará en Ourense proximamente

O macedao Santiago Prol, actualmente residente en Santiago de Compostela, vén de publicar un libro que recolle a vida e obra dun rexionalista ilustre pero descoñecido, en "Manuel Vidal, un presbítero ilustrado de Maceda", que presentará en Ourense proximamente. 

Como xurdiu a posibilidade de tratar esta senlleira figura literaria?

A publicación en decembro de 2001 en La Región foi clave para recuperar a figura esquecida de Manuel Vidal e serviume tamén como impulso para investigar a súa vida. Unha vez apareceu o artigo neste periódico, tamén apareceu na web do Concello de Maceda, abriuse un artigo sobre el na Wikipedia...Vidal empezou a existir trala publicación. 

Vemos que Vidal ten unha relación coa actualidade, especialmente polo seu vencellamento co Pazo de Meirás.

Foi moi amigo de Emilia Pardo Bazán, ten unha relación moi intensa con ela. Todos os veráns pásaos en Meirás (daquela a Torre ou Granja de Meirás). Sentía unha grande admiración literaria por Pardo Bazán. Algúns din que era o seu abade particular e pódese especular, pero o que tiña era unha grande admiración por ela. Non só está de actualidade esta obra polo Pazo de Meirás, senón que no libro recóllese incluso un retrato que un sobriño seu fixo de Carmenciña, a filla de Franco, recentemente falecida, vestida co traxe típico galego. 

Pero, ante todo e pese a que se movía con clases altas, Vidal era galeguista, non si?

El sentíase moi orgulloso de ser galego, pero ante todo era español. Digamos que representa o sentimento que amosa o PP en Ourense, era do PP da boina. É un home de dereitas, que non pasa de ser rexionalista, pero que defende o idioma e a cultura galega. Chegou a estar en 1916 na mesa presidencial da constitución das Irmandades da Fala, aínda que a abandona canda outros rexionalistas pola súa politización. 

A súa relación con Ourense foi importante?

El naceu e criouse en Maceda e faise crego no Seminario de Ourense. Exerceu como cura na igrexa de Don Franque de Maceda. Ordenouse sacerdote no seminario de Ourense e, ata que marchou para Madrid, estivo vencellado plenamente a Ourense. Xa na capital xuntouse co lobby dos curas ata que retornou a Santiago de Compostela, onde foi catedrático. 

Destaca na súa bibliografía a triloxía que fixo sobre o Xacobeo cando aínda non estaba de moda...El sabía dese potencial?

Pódese dicir que era un adiantado ao seu tempo . Soubo valorar xa nos anos 20 o potencial do Xacobeo cando aínda nin se tiña en conta iso. Penso que debería estar mellor valorado en Santiago de Compostela, onde non lle teñen feito nin unha placa de homenaxe. 

Considera, pois, que queda moito por recoñecerlle?

Por suposto. Empezando por Maceda, onde deberían darlle, alomenos, o nome da praza onde está a súa casa natal. E seguindo pola cultura galega xa que, malia ter só tres libros en galego, xa ten máis méritos que outros para que se plantexe que entre na nómina de homenaxeados nas Letras Galegas.

Te puede interesar