RECOÑECEMENTOS

Un sistema de análises xenéticas e un xogo para Android gañan o Concurso de Proxectos Tecnolóxicos

Ademáis, a Deputación entregou o premio "Provincia Intelixente", que recaeu en Nicolás Ladero polo traballo "Deseño, implantación e validación dun sistema de recoñecemento de fontes sonoras sobre un SBC"

Acto de entrega dos premios do concurso tecnolóxico. (JOSÉ PAZ)
Acto de entrega dos premios do concurso tecnolóxico. (JOSÉ PAZ)
Un sistema de análises xenéticas e un xogo para Android gañan o Concurso de Proxectos Tecnolóxicos

Esta mañá foron entregados no Campus de Ourense os premios da 15ª edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos que organiza Expourense, en colaboración coa Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, aberto a titulados das distintas escolas de Informática e Telecomunicaciós das universidades galegas. A entrega de premios estivo presidida  polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández, quen destacou a practicidade dos proxectos presentados e o carácter innovador dos participantes indicando que “iniciativas coma esta constitúen unha oportunidade para por en valor o talento dos nosos estudantes, impulsar o emprendemento e a competitividade co obxectivo de xerar novas oportunidades de emprego” e animou a todos os participantes a seguir investigando. O vicepresidente estivo acompañado na entrega de premios pola directora da Escola Superior de Enxeñaría Infomática da Universidade de Vigo, Ana Garriga, e a directora adxunta de Expourense, Emma González.

Unha das novidades deste ano foi a colaboración que dentro dos premios do 15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, a Deputación de Ourense entregou o premio "Provincia Intelixente" que recaeu en Nicolás Ladero polo traballo "Deseño, implantación e validación dun sistema de recoñecemento de fontes sonoras sobre un SBC". Esta inciativa atópase dentro do Plan Ourense 15-19, orientado a dar servizos ós cidadáns e ás administracións locais e no que as tecnoloxías da información teñen unha especial incidencia no seu desenvolvemento.

O primeiro premio para a Modalidade A  recaeu no traballo “Rock Bird” de Iván Trigos Gómez, alumno do Máster en Enxenaría Informática da Universidade de Vigo. O seu traballo consistiu na preparación e elaboración dun videoxogo adaptado ao sistema operativo. Trátase dun xogo que promete a máxima diversión sen un gran esforzo mental a través das aventuras dun intrépido paxaro, e o máis chamativo del é que ofrece a posibilidade de adaptar a pantalla para xogadores zurdos. Esta aplicación estará disponible próximamente para descarga gratuita na “Play-Store” de Android.

Na Modalidade B o primeiro premio, dotado con 300 euros, foi para o traballo “Sistema para a detección de grandes insercións e eliminacións xenética e axuda ao diagnóstico de trastornos neurometabólicos” de Nuria Canle Casares, do Grado en Enxeñaría Informática do Campus de Ourense, Universidade de Vigo. Trátase dunha ferramenta que servirá de axuda nos análises xenómicos para axilizar o traballo dos xenetistas e que nun futuro axudará a diagnosticar máis rápidamente trastornos como o autismo ou o cancro.

O obxectivo principal deste concurso é vencellar a investigación realizada na Universidade no eido da informática e as telecomunicacións ás necesidades e demandas reais do mundo empresarial. Esta iniciativa, constitúe unha oportunidade para os estudantes do sector para dar  coñecer os seus proxectos de Fin de Carreira ou de Fin de Máster. Nesta 15ª edición repartíronse un total 1.400 euros en premios.

O presente concurso, ten como obxectivo sensibilizar as empresas dos beneficios que lles puede achegar á aplicación da investigación tecnolóxica ao seu proceso de producción, é dicir, trátase de vencellar a investigación realizada na Universidade coas necesidades e demandas reais do mundo empresarial. Dende a Escola Superior de Enxeñaría Informática indican que “nestes anos houbo casos de proxectos premiados que atoparon traballos nas empresas para as que foi concibido o proxecto. Para os alumnos e alumnas este concurso é un recoñecemento público ao  seu traballo, serve para completar o seu curriculum vitae e pode abrirlles as portas a novas oportunidades laborais”.