O director da nova serie da galega, promete momentos de grandes risos

Chema Gagino: 'Penso que 'Os Caseiros' vai aportar frescura á TVG'

O elenco de actores da serie 'Os Caseiros'.
A televisión autonómica está de estrea co inicio do ano. A nova comedia da Televisión de Galicia chamada 'Os Caseiros' promete encher de risas as pantallas dos televidentes galegos a partir de hoxe as 22,00 horas.
O director da última e abundante producción de series galegas, Chema Gagino móstrase entusiasmado co proxecto e destaca do argumento que 'é unha serie que fala das vivencias e peripecias dunha comunidade de veciños. Nela imos tentar, dende un punto de vista urbán, entrar na audiencia do que é a TVG, un público maioritariamente rural. Penso que é unha serie arriscada pola linguaxe coa que se fala, con estes personaxes tan naturais e coido que aporta un punto de frescura co que os galegos vanse sentir moi identificados'.

Neste proxecto no que participan actores contrastados coma Pepo Suevos ou Isabel Risco tamén estarán novos valores das artes escénicas galegas como Roi Cundins e Boris Morandeira dos que Gagino opina que 'son dous actores que responderon moi ben o traballo que se lles plantexou. Son unha aposta e como todos os comezos son complicados, foi un inicio duro, pero tamén unha oportunidade que souberon aproveitar, e ter unha oportunidade así non é algo que teña todo o mundo', aseverou o director.

Ademáis de Chema Gagino, grande parte do traballo e responsabilidade deste novo 'fillo' que ocupará as pantallas tódolos sábados na galega é de Rosa Castro, a guionista da serie.

Castro destaca que 'Os Caseiros' é un proxecto que 'vai sorprender os espectadores. Caseiros pode ser a serie que están a buscar. Se procuran actores divertidos, situacións cómicas e personaxes peculiares, vanse encariñar seguro con esta nova serie. Todo o equipo agardamos que os prsonaxes sexan considerados axiña polo espectador como xente da súa propia familia'. Ademáis, considera que 'aporta un grupo de personaxes que moi identificables polos espectadores, uns perfís novos non tocados ata agora na Galega e un ton cómico que non cae na grosería pero tampouco resulta intelectual nin elevado. As referencias son recoñecibles e están moi apegadas ó concepto popular de humor'.


UN RETO NOVO EN GALICIA

Por último, ante o reto que foi lograr o equilibrio entre seis personaxes Castro engadiu que 'contrariamente ó que se pode pensar lógrase a base de desequilibrios, é dicir, buscando o contraste entre as súas personalidades. Conséguese que funcionen equilibradamente por cada un deles ve o mundo desde unha óptica diferente a os outros', concluíu a guionista.

Te puede interesar