MÁS APOYO AL SECTOR
La pizarra pide apoyo por el incremento de costes
No acto, que contou coa actuación da cantareira Manuela Álvarez Prieto, Manuel Baltar afirmou que a Deputación de Ourense comprácese en colaborar coa publicación deste importante traballo en favor do patrimonio inmaterial de Galicia e Castela e León, destacando especialmente o rigor e a información con que se presenta esta obra: desde a transcrición musical e literaria de cada canto, á coidada sección de fotografías, antigas e actuais, un material audiovisual que, sen dúbidas, enriquece esta obra.
Baltar considera que neste intre, cando o mundo rural necesita evolucionar e convivir con novas formas de vida, faise necesario preservar e manter no tempo este patrimonio que serve como homenaxe a artistas populares, quen coa súa creatividade mantiveron tan importante legado da nosa historia.
Na obra, Xosé Lois Foxo compila entre outros xéneros, cantares de ronda, de sega, repertorio dos antigos gaiteiros da zona, ramos, arrolos e romances. A veracidade desta obra é tan real como a vida mesma, explicou Foxo, quen subliñou que a publicación recolle documentos de artistas anónimos que nos ofrecen todo un tesouro do saber popular. A comarca de Oencia, no contexto do Bierzo, ven a ser unha continuidade de Valdeorras, en opinión de Xosé Lois Foxo, non so na lingua compartida senón tamén noutros aspectos da nosa cultura que é común entre ámbalas dúas contornas.
Dende o ano 1985 a Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense ven realizando un importante traballo docente e investigador non só en Ourense e Galicia senón tamén en áreas limítrofes de Castela e León (en Ponferrada e poboacións próximas existen máis de 20 bandas de gaitas co modelo ou tutela da Escola de Gaitas de Ourense), ademais dunha intensa labor noutros lugares de España e do mundo. A faceta académica e didáctica é unha parte do traballo de Xosé Lois Foxo, e froito dese traballo a Deputación de Ourense conta co Museo Internacional de Cornamusas, así como con publicacións de referencia mundial como o Anuario da Gaita e numerosos cancioneiros populares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS APOYO AL SECTOR
La pizarra pide apoyo por el incremento de costes
AMPLIACIÓN DE VIÑEDOS
Las ayudas al sector del vino suman 12 millones anuales en Valdeorras
Lo último