FEDERACIÓN NACIONAL
El sector de la pizarra reforzará la formación en Valdeorras
TORRES E CASTELOS
Bo exemplo o constitúe o ex mosteiro de San Salvador de Sobrado de Trives, situado no trazado da Vía XVIII do coñecido como Itinerario de Antonino, próximo á artística ponte ergueita sobre as augas do río Bibei que, a pesares da súa evidente antigüidade, nada menos que dezanove séculos, aínda presta servizo no trazado da estrada autonómica OU- 636.
A primeira mención relativa ao mosteiro aparece reflectida na doazón datada o día 28 de abril do ano 963. Maior seguridade confirmativa ca anterior a ofrece o legado de dona Ximena Gutiérrez, realizado ao mosteiro de Celanova o día 14 de marzo do ano 1087.
A excepción das grandes obras do románico en Galicia, como as catedrais ou edificios importantes de carácter monástico considerados de especial complexidade, a existencia de torres medievais a carón das igrexas resulta case descoñecida no noso país e, no caso da súa ergueita, case sempre atopanse separadas do templo. Así, a existente en Sobrado de Trives, a torre exenta de carácter defensivo, ten planta cuadrangular de seis metros de lado sendo de escasa altura.
Na súa construción empregouse cadeira de granito asentada ao oso. Na parte occidental ábrese unha porta rectangular adintelada, duns dous metros de altura en relación ca súa base, o que obrigou á construción dunha pequena escaleira de acceso externa construída en data indeterminada pero posterior, dende logo, á construción da torre. Nos seu muros, aínda na actualidade, aprécianse diversos ocos cadrados, os cales, con bastante probabilidade, serviron de apoio ao andamio utilizado durante a época da súa ergueita.
Diversas e pequenas seteiras completan o elemento defensivo. Por riba, a partir dunha imposta corrida, distínguese o cambio do aparello construtivo da torre que podería indicar unha segunda etapa construtiva, época na que se engadirían os sobrios arcos de medio punto que acubillan ás campas e a posterior esfera circular do reloxo, todo protexido por un balcón voado apoiado sobre antiestéticos soportes de ferro.
Dá cubrición a esta obra, de carácter defensivo-relixioso, un tellado a catro augas cuberto con tella do país. Na parte superior érguese unha pequena campá sostida por un impreciso sistema de suxeición metálico todo rematado por unha cativa cruz.
Cóntase como anécdota o feito que no interior da torre campanario atopáronse os restos dunha marca sobre un sillar representando unha flor de lis, sinal que a tradición popular adxudica á presenza das tropas francesas ao seu paso por Sobrado, durante a Guerra da Independencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FEDERACIÓN NACIONAL
El sector de la pizarra reforzará la formación en Valdeorras
TURISMO CULTURAL
Enoturismo y festivales, tirón turístico estival de Valdeorras
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | Valdeorras disfruta con la XXVII Feira do Viño
Lo último
SESIÓN DE CONTROL AL GOBIERNO
Sánchez anuncia un decreto anticrisis para finales de junio
"DEBÍ TIRAR MÁS FOTOS"
Bad Bunny se despide de Madrid tras 10 conciertos a los que han ido 800.000 personas