ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 16 de septiembre
Luis tiña xa oitenta e catro anos e botárono de Veigas de Camba cando se construíu o encoro das Portas. Alí quedaron os eidos, a casa e o cemiterio onde repousaban os seus devanceiros. Todo.
Chegou a Auria, cunha vella maleta coa que xa vaixara a Cuba, farto de traballar, canso de loitar coa terra e co gando. Pero aínda con ganas de vivir, que se lle foron esvaecendo pouco a pouco, a medida que pasaban os días na casa dos seus fillos da rúa Lepanto da Cidade das Burgas.
Apenas saía da casa, e cada día que pasaba era un suplicio. Reflexionaba sobre a súa vida e case nunca pensaba na morte. Sen embargo, vía caer sobre él o peso dos días, e aferrábase a un dito do seu tío Nicolás cada hora que pasa, terás unha hora máis de existencia, pero tamén unha hora menos de vida, xa que logo, o tempo non pasa, o tempo non existe. Pero Luis vía constantemente como as agullas do seu vello reloxo de peto seguían andando, e non paraban nunca.
Matinando sobre aquel dito, Luis miraba para o seu reloxo de bolsillo cada hora. E, cada vez que o miraba, retrasaba as agullas sesenta minutos esperanzado en que a vida non correse para él.
Pero ó reloxo, que era xa moi vello, rachóuselle un día a corda, e parouse nas once da mañá.
Xustamente a hora na que Luis morreu, só, nunha habitación do Hospital, co reloxo de peto nunha man.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 16 de septiembre
UN DINOSAURIO SAURÓPODO
Hallazgo histórico al encontrar restos de huesos de un dinosaurio Diplodocus en Teruel
ANALIZAR LA FOTOSÍNTESIS
La Agencia Espacial Europea lanza el satélite FLEX para el monitoreo de la vegetación
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 15 de septiembre
Lo último