CIBERATAQUE SANITARIO
Hackers intentan atacar los bancos de sangre de Francia
ACTIVIDADES DE VERÁN
O rico patrimonio industrial do Concello de Parada de Sil e o súa orografía constitúen dous elemento máis dos atractivos que están a levar xente ata aquela zona. Neste sentido, o Concello faixe eco da masiva presenza de visitantes que recibiu nos tres días que durou a ponte da Asunción, nos que máis de 1.200 persoas pasaron polo mosteiro de Santa Cristina de Ribas de sil. Entre eles, resalta a presenza dunha viaxe enmarcada na difusión do patrimonio industrial e a xeoloxía.
Estes visitantes disfrutaron dos soutos de castiñeiros a redor do Canón do Mao, como as Fragas de Meder e recorreron a canle construída en 1916 para levar auga ás turbinas da central de Barxacoba -A Fábrica da Luz-, hoxe convertida en ruta de sendeirismo. Os participantes coñeceron datos sobre a erosión do río Mao e os granitos da necrópole de San Victos de Barcaxova, que está pendente dunha subvención da Xunta para poñer ó descuberto un forno de fundición de campás localizado na campaña de escavacións do pasado ano.
Por último, poideron coñecer A Fábrica da Luz, na que se manteñen os poucos restos de arqueoloxía industrial que había na mesma, como "palomitas" no transformador e a tubería de conducción forzada con entrada ó sitio onde estaban as turbinas, entre outros elementos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CIBERATAQUE SANITARIO
Hackers intentan atacar los bancos de sangre de Francia
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 5 de noviembre
MEDIO CENTENAR DE PEZAS
A Cidade da Cultura en Santiago inaugura a exposición “Ser Noutras”
SENSIBILIDAD DEL TELESCOPIO
Una nueva técnica saca a la luz un planeta gigante que permanecía oculto
Lo último