XORNAL ESCOLAR
Preguntas frecuentes sobre la fiebre infantil
O CONCURSO DE TELEMIÑO
Destaca a biblioteca como centro neurálxico de practicamente todas as actividades do centro. Ademais, este curso, como novidade, están inscritos no plan de mellora das bibliotecas escolares, e traballan con moito esforzo e interese para dotar á biblioteca de diferentes recursos e promover todo tipo de actividades tanto para o fomento da lectura, a adquisición de habilidades que promovan a investigación e o interese polo traballo cooperativo integrando o medio e as novas tecnoloxías, así como para o desenvolvemento xeral do alumnado.
No centro educativo de Lobios destaca a implicación do alumnado e profesorado na decoración do centro tanto nas zonas comúns do centro cuns murais moi chamativos (corredores, bibliotecas...) como nas diferentes aulas con mesas decoradas como se fosen barcos, paredes ateigadas de traballos feitos polos estudantes e murais pintados a base de moito tempo, esforzo e dedicación.
Ao tratarse dun centro pequeno, destacar tamén a colaboración e cooperación de todolos docentes que inflúe no rendemento dos estudantes e fundamentalmente no seu desenvolvemento integral, todos axudan e traballan, son unha gran familia.
Patricia López é a mestra concursante desta semana, traballa decididamente e con moito esforzo para fomentar o uso da fala estranxeira e a cultura anglosaxona entre o alumnado xa que, ao tratarse dun centro rural, existe unha certa dificultade para acceder a diferentes recursos e a fontes de información coas que poidan ir familiarizándose os nenos e nenas do colexio. Ademais implícase totalmente en tódalas actividades que xurde dende o centro tendo sempre presente os recursos TIC como fonte de información e ferramenta para desenvolver no alumando unha autonomía e capacidade de aprendizaxe autónomo, fundamentais para desenvolverse nas distintas tarefas do día a día.
Os alumnos que dirixiron este programa, xunto con Conchi Pérez, foron Carla Yáñez, Alejo Pérez e Andrés Rodríguez, tres alumnos moi dinámicos e interesados na dificil tarefa de comunicar. Mostraronse moi naturais no plató de Telemiño e realizaron un fabuloso papel de co-presentadores.
DE PLENO NO CONCURSO
Trala presentación do centro, comezou o concurso onde someteron a Patricia a tres probas: "qué será será", "que acción é, qué faría se fose" e por último "quen é". A mestra respostou a todos os enigmas con éxito.
Para continuar, os co presentadores someteron a súa mestra a tres bloques de preguntas sobre cultura xeral, do colexio e persoais.
CULTURA XERAL-TRIVIAL Dinos un refrán en inglés?
En inglés: Marzo ventoso e abril chuvioso, fan de Maio florido e fermoso.
Cando se proclamou Parque Natural Baixa Limia o Xurés?
Sobre o ano 1993
Onde comeza e donde remata a Vía Romana?
Desde Astorga a Braga.
PREGUNTAS SOBRE O CENTRO Por que estamos a traballar este ano no proxecto "Coñece Lobios"?
Como xa dixen consideramos importante que coñezan os recursos da súa contorna, o seu grupo está a traballar nas tradicións da zona, recopilando información dos avós.
Por que nos mandan deberes?
Non todos os mestres mandan deberes, ás veces son tarefas que non se rematan na aula e outras veces é necesario afianzar coñecementos adquiridos.
Cando se fundou o colexio?
Non sei exactamente a data, eu ainda non nacera. Téñolle escoitado á directora e á cociñeira (que son as que máis tempo levan no centro) que sobre 42 anos.
PREGUNTAS PERSOAIS Que materia che gusta máis impartir?
Inglés que é a miña especialidade.
Se non foses mestra a que te dedicarías?
Algunha relacionada cos nenos seguro e senón sería panadeira porque me gusta moito o pan.
Se foses directora que cambios farias no colexio?
O curso pasado arranxamos os baños e este ano sería interesante cambiar o patio e crear un horto escolar.
Unha gran experiencia para mestras e estudantes que gozaron da primeira experiencia televisiva no plato de Telemiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REESTRUCTURACIÓN Y RECONVERSIÓN
Ayudas para viñedos en Galicia 2026-2027: cómo solicitarlas, requisitos y plazos