Xornal Escolar
Galería | Os alumnos de Trives coidan da súa contorna
COLE A COLE
O CEIP Profesor Albino Núñez é un centro de ensino público situado na periferia da cidade de Ourense.
Ofértanse os servizos complementarios de transporte e comedor escolar, con cociña propia. Este curso contan co servizo de atención matinal, para os madrugadores. Tamén se ofertan unha variada serie de actividades extraescolares despois da hora de xantar. Entre elas destacar, como novidade este curso, a Ecopatrulla, na que nos centraremos nesta reportaxe.
No centro lévanse a cabo distintos proxectos ou programas de innovación co fin de mellorar a calidade do ensino, potenciando o desenvolvemento das competencias e capacidades do alumnado: Programa MeteoEscolas,incluído no Plan Proxecta da Xunta, co título de "ollo ó meteoro". Horto escolar. Programa Abalar, nos cursos de 5º e 6º de primaria. Plan de distribución de froita fresca nos recreos. Programa SI, de Saúde Integral, promovido pola fundación She, do cardiólogo Valentin Fuster. Plurilingüismo: imparten a materia de educación plástica en inglés ata 3º de primaria. Contan, ademais, cunha auxiliar de conversa. Plambe: Plan de mellora de bibliotecas escolares. Contratos-Programa: Proa (Plan dirixido á mellora do éxito escolar). Proxecto comedor "6S". O seu comedor escolar é un comedor 6S, por saudable, sensible, silencioso, solidario, sostible e sorrinte. Ten unha finalidade educativa: ademais de proporcionar unha alimentación de calidade adaptada ás necesidades e ás características dos nenos e nenas, serve de canle para a educación en valores (respecto, solidariedade, coidado da saúde, responsabilidade co medio ambiente...).
Destacar tamén que as instalacións coas que contan, nas que se están a facer e se fixeron obras de mellora como instalación de ascensor, acondicionamento do salón de actos, mobiliario na biblioteca...
Os espazos exteriores son envexables, o que lles permite facer actividades de horto, ter un invernadoiro e dar de comer aos paxaros na carballeira, entre outras. Neste centro a colaboración e implicación das familias, tanto individualmente como a través da Anpa é fundamental.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Galería | Os alumnos de Trives coidan da súa contorna
Xornal Escolar
Galería | Expertos en salud bucodental en el Miraflores
Xornal Escolar
Galería | O Luis Vives coñece a simulación clínica
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 29 de abril
CRISIS POLÍTICA
Rechazo de la Diputación de Lugo a la moción de censura