Coñecendo Lobios

ESTE É O MEU COLEXIO

No colexio de Lobios están a investigar e traballar nun proxecto documental para que valoren a súa contorna

Publicado: 20 abr 2016 - 14:05

Todo o alumnado está traballando nun bloque de contidos sobre a riqueza natural e cultural da zona na que viven:

En Educación Infantil traballan a flora e a fauna do Parque Natural do Xurés así como a importancia da conservación do medio ambiente.

1º curso: Vía Nova, onde investigan todo o posible acerca da historia que xurdiu no percorrido desta vía romana, candidata a ser elexida patrimonio da humanidade, e do seu legado na contorna.

2º curso: Lobios, no que investigan onde está dito concello, que parroquias o forman, o número de habitantes e todo o que se lles ocurra acerca do territorio que o conforma.

3º e 4º curso: Termalismo, onde investigan, entre outros aspectos, as orixes da auga quente, as diferentes propiedades da auga e os recursos naturais dos que conta a Vila Termal.

5º e 6º curso: Tradicións, onde se afonda para por en valor todo o relativo a festas, xogos, tradicións, aparellos e o patrimonio cultural da contorna.

Gran exposición ao finalizar.

Contenido patrocinado

stats