XORNAL ESCOLAR

Estudantes de Viana do Bolo traballan a educación en valores a través da radio e fotografía

 IES Carlos Casares de Viana do Bolo acolleu o segundo obradoiro de radio e fotografía, no que intentaron axudar ao alumnado na elaboracións dos seus traballos e resolver as dúbidas que teñen á hora de abordar o seu proxecto.  Na anterior visita, o alumnado coñeceu o funcionamento da radio na actualidade, que tipos de xéneros radiofónicos existen, como crear un programa de radio dende cero, así como algúns consellos para mellorar a calidade das súas imaxes. Deste xeito, á vez que se ían explicando os conceptos clave e con exemplos que xiraban en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), os/as rapaces/zas tiveron a oportunidade de facer prácticas 'in situ' coa axuda dunha mesa de son e unha cámara fotográfica profesional, reforzando o proceso de aprendizaxe e facendo máis ameno o taller. Tras estes obradoiros os rapaces e rapazas terán que crear os seus propios espazos radiofónicos e proxectos fotográficos relacionados cos ODM. ‘O mundo que queremos’ é un proxecto de educación para o desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta iniciativa pretende promover a reflexión do alumnado sobre a conexión existente entre as dinámicas locais e as desigualdades globais, neste caso a través da comunicación (podcast e imaxes) como medio para sensibilizar e transformar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma