Proxecto Mail Art
WHATSAPP Ó DIRECTOR
O proxecto mestura as artes plásticas coa lingua escrita en galego
O CPI de Bembibre (Val do Dubra – A Coruña) xunto co IES Aquis Querquernis (Bande -Ourense) participan nun proxecto sobre Mail Art. Este proxecto é de carácter educativo e xurde do Departamento de Debuxo en colaboración cos Departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística dos respectivos centros.
O proxecto mestura as artes plásticas coa lingua escrita en galego. É un traballo dirixido ós/ás alumnos/as de 1º de ESO os/as cales se relacionaron a través da arte postal seguindo a liña dos artistas neo-dadaistas e do grupo Fluxus que foron os primeiros en facer arte postal.
Os traballos do Mail Art non cumpren os formatos das cartas convencionais podendo enviar dende un debuxo sen sobre, origamis, reddy-mades, postais, paquetes, CDs, botellas con mensaxes no seu interior, etc. co obxectivo de crear unha carta non convencional donde a presenza do carácter estéticoartístico ten gran peso xunto coa lingua galega. A través do intercambio destas mensaxes artísticas o alumnado estableceu contacto compartindo emocións, sensacións, pensamentos, arte e lingua.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nuevos emprendedores en Ourense
Más de 50 millones de facturación vienen de jóvenes empresarios
problema de gestión
El PP exige suelo para más vivienda protegida en Ourense