DE QUE SE FALA

Recurso estratéxico

20161103144927505_result

Donde a biblioteca do CEIP Castro do Val contribúen ao desenvolvemento das competencias básicas

Un espazo para ler, escribir e aprender. A Biblioteca Escolar é un servizo facilitador no que se organizan os recursos que se precisan para a aprendizaxe, a adquisición do hábito lector e a formación no uso da información dos estudantes. Debe ser un punto de referencia nos centros dende a cal se organicen actividades para fomentar a lectura e mellorar as diferentes competencias dos estudantes. O equipo de biblioteca escolar do CEIP Castrelo do Val esfórzase en deseñar actividades relacionadas cos contidos curriculares dos diferentes cursos de educación infantil e primaria que contribúan ao desenvolvemento das compentencias básicas establecidas.


Esta biblioteca está incluída no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) dende o curso 2012-2013, a biblioteca escolar do Centro é o lugar de encontro para diferentes contacontos,  actuacións e proxeccións en datas sinaladas como o Samaín, Día da Paz, Letras Galegas, Día do Libro... e seleccionan libros relaccionados coas diferentes datas para que o alumnado poida consultar información ou ler historias ambientadas nelas.
Como novidade este curso crearon un “Recuncho de Ler” na entrada do Centro para que aqueles alumnos que o desexen poidan ler durante os períodos de lecer.


Cada ano escollen unha temática en torno a cal se decora e se fan proxectos para traballar na biblioteca e nas aulas. Dita temática marca tamén os libros e diferente material que se introduce nas “Mochilas Viaxeiras”, que os alumnos de cada curso leva durante unha semana para casa. Este ano están a traballar sobre os ecosistemas.


Dende a biblioteca levan a cabo outras actividades de lectura (hora de ler) e de expresión escrita (concurso de poesía, elaboración de contos...). En ocasións, os propios alumnos son os que se encargan de contar os contos ao resto dos compañeiros, ben sexan da súa creación ou seleccionados entre os libros da biblioteca. Tratan de mellorar a expresión escrita e oral dos nenos así como de desenvolver a súa imaxinación e creatividade. 


Tamén hai actividades específicas para a formación dos usuarios e a búsqueda de información (competencia para aprender a aprender e competencia autonomía e iniciativa personal).


Na biblioteca escolar do centro escolar de Castrelo do Val hai ordenadores con conexión a internet e unha serie de blogs para o uso do claustro e do alumnado o cal mellora a competencia no tratamento da información e competencia dixital. 


O colexio conta con seis blogs no que comparten as diferentes experiencias que viven no centro. Un espazo no que podemos ver o traballo que realizan os estudantes e seguir os proxectos nos que colaboran e as datas que conmemoran ao longo do curso escolar. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?