XORNAL ESCOLAR

¡Somos xornalistas!

20170130173923232_result
photo_camera Os escolares do CEIP Rogelio García Yáñez.

Os estudantes do CEIP Rogelio García Yáñez convírtense en grandes periodistas participando na redacción e difusión da información, do seu centro educativo, en Telemiño

Un colexio que sempre participa no Xornal Escolar de Telemiño é o Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás. Esta semana os estudantes de Ramirás visitaron o estudio de Telemiño para gravar, por terceiro ano consecutivo, este divertido espazo educativo. Nesta ocasión foi a directora, Encarna Villanueva, a que se someteu as probas e preguntas dos seus alumnos/as. Os estudantes estaban representados por Analía Pérez, Dania Suárez e José Antonio Rodríguez, que realizaron un fabuloso traballo de co-presentadores xunto con Conchi Pérez. Todos os estudantes de 5º e 6º de primaria realizaron, no centro educativo, un fabuloso traballo de reporteiros para coñecer a dificil, pero apaixonante, tarefa de informar e investigar.

Adiviñas

Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas á directora. Con anterioridade gravaron estes videos no centro educativo, unha actividade moi divertida para os estudantes que recibiron moi ledos ás camaras de Telemiño. Despois de visionar os divertidos videos gravados no centro educativo de Ramirás, Encarna superou con éxito todas as adiviñas.

La Región nas aulas

Os alumnos len diferentes temas de actualidade no periódico La Región e do suplemento Xornal Escolar, unha ferramenta importante nas aulas para estar informados e traballar contidos do currículo.

Ronda de preguntas

Os co-presentadores realizaron tres preguntas a súa mestra. Que é o que máis che gusta do noso colexio?

O que máis me gusta, sen dúbida, é o equipo humano, ainda que somos poucos somos unha pequena familia que camiña, sempre, na mesma dirección.

Cal é a diferenza entre ser mestra e ser directora en Ramirás?

Son traballos diferentes, é máis gratificante ensinar. O traballo de dirección é máis burocrático. No noso centro, ao ser un pequeno centro educativo rural, non temos nin xefe de estudos, nin secretario nin conserxe. Facemos todos os mestres de todo. Repartimos o traballo.

A que xogabas no colexio cando eras estudante?

Xa case non me acordo. Era todomoito máis dinámico xogábamos oa escondite, truco, brilé...tanto no colexio como na rúa. Agora xogan moito menos a este xogos.

Alternativa Ocio

Roi Rodríguez, xefe de prensa do Club Baloncesto Ourense (COB), e a mascota Lobo, visitaron o estudio de telemiño para explicar os proxectos educativos que levan a cabo. Os xogadores visitan colexios e invitan aos estudantes ao partido do Paco Paz. O Cob convida aos colexios a que chamen ó club para poder visitar os centros educativos. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?