Telemiño emociona en Ramirás
XORNAL ESCOLAR
Os alumnos do CEIP Rogelio García Yáñez recibiron ao equipo da televisión con sorpresa, alegría e moita ilusión, durante unha xornada na que ensinaron o seu centro e incluso se atreveron a facer un exitoso baile
O CEIP Rogelio García Yáñez é un pequeno colexio rural donde son unha gran familia, mestres e alumnos traballan conxuntamente nunha ampla variedade de actividades ao longo do curso escolar. Acaban de publicar o Xornal Escolar elaborado polos alumnos de 4º e 5º de Primaria, coa supervisión da súa mestra Cristina Fernández. É un colexio moi dinámico, onde destaca a gran biblioteca escolar coa que contan e a Festa do Samaín. A mascota da biblioteca é un rato que recibe a todos os alumnos e visitantes na entrada do centro educativo, neste momento está vestido de científico para conmemorar o Ano da Ciencia. Tamén temos que mencionar ao esqueleto Rober, co que diariamente comparten aprendizaxe na aula.
Félix, Carmen e Cristopher exerceron de co-presentadores do programa Xornal Escolar, xunto a Conchi Pérez, encargada de dirixir este exitoso espazo televisivo. A entrevistada foi a mencionada mestra Cristina Fernández Borrajo, profesora de inglés no centro de Ramirás. A docente demostrou ser moi divertida e superou con éxito todas as probas ás que a someteron os seus alumnos. Días antes, as cámaras de Telemiño acompañaron aos alumnos e compartiron agradables momentos mentras lles ensinaban o centro educativo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Galería | Diversión e sabor entre fogóns en Amencer
Xornal Escolar
Galería | Imersión de primavera de Franciscanas
Lo último
VICTORIA CONTUNDENTE
“Cohete” Suárez se impone en el Rally Sierra Morena
PRECAMPAÑA ELECTORAL EN ANDALUCÍA
Feijóo pide que Moreno repita para “consolidar el cambio”