XORNAL ESCOLAR

Xogos populares e tradicionais

20170126155421182_result

Os estudantes do CEIP Rogelio García Yáñez coñecen xogos tradicionais galegos, con especial atención ós propios da provincia. Descobren novas alternativas para o tempo de lecer.

O CEIP Rogelio García Yáñez participa nos xogos populares e tradicionais que oferta o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, da Deputación de Ourense.

Con este obradoiro de xogos populares e tradicionais perséguense os seguintes obxectivos: dar a coñecer xogos tradicionais galegos, concienciar da importancia da transmisión cultural dunha xeración a outra, fomentar o interese pola cultura galega e o uso do galego a través do mundo lúdico, dar a coñecer recursos relacionados cos xogos tradicionais e poñer en valor recursos xa existentes na nosa provincia dotándoos de vida, fomentar valores coma a colaboración, traballo en grupo, igualdade e aprecio, desenvolver a orixinalidade e a creatividade e incrementar o coñecemento do medio a través da utilización de elementos do entorno natural.

Todos os centros educativos de Ourense, cada ano, teñen a posibilidade de seleccionar diferentes xogos en varias sesións: porca, pino, billarda, zancos, aros, peóns, rá, chavelo, chave, pillas (o cazador, o pano do río e o chourizo envelenado), xogos de mesa (mentirán e muiño), bolos e birolla, xogos bailados, tabas e xogos de ritmo, xoguetes e enseños musicais... Os estudantes coñecen e practican estes xogos que son da época dos seus avós e bisavós.

Os estudantes de Ramirás levan varios cursos participando neste estupendo programa da Deputación de Ourense.

Este curso realizan dúas sesións: na primeira xogaron á porca e na segunda realizaron xogos de pillar acompañados polas cámaras de Telemiño.

O CEIP Rogelio García Yáñez é un centro educativo moi dinámico que participa en moitos programas e proxectos educativos.

O máis representativo do colexio de Ramirás é a biblioteca do Rato, un espazo acolledor, dividido en varias zonas, onde o alumnado realiza a maioría das actividades do centro. Este curso destacar o proxecto que parte da biblioteca escolar e que leva por título: A pintura e a escultura como fomento da creatividade. Este proxecto é continuidade do que se iniciou o ano pasado: A pintura como linguaxe da luz e das cores, onde se estudaron fundamentalmente a pintores universais e se reproduciron as súas correntes nos cadros que decoran a Galería de Arte Rogelio García Yáñez. Este curso céntranse en pintores galegos e inícianse na escultura.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma