XORNAL ESCOLAR

Xornada solidaria e de convivencia

20180405182704420_result
photo_camera A xornada de convivencia foi un éxito e os nenos gozaron de múltiples actividades durante todo o día.

Escolares de San Amaro, Beariz e Boborás cirtáronse no colexio de O Irixo para gozar dun fantástico día de actividades

O CEIP Virxe da Pena da Sela, do Concello do Irixo, acolleu a tradicional convivencia escolar na que participa o centro xunto ao CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás, o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro e o CEIP Beariz. Ademais de actividades culturales, como contacontos e animación á lectura a cargo de Sabela Gago e Nate Borrajo, os escolares compartiron actividades deportivas, lúdicas e festivas. Este ano, como novidade, quixeron ir máis aló e participaron nunha actividade solidaria.

O obxectivo era concienciar aos máis cativos facendo unha recollida de penso para colaborar coa protectora de Carballiño "Paca". A recadación entre os catro colexios superou os 400 kilos, que ese mesmo día entregaron ás voluntarias da asociación facendo unha cadea humana con todos os escolares. Tamén recolleron móbiles estragados para o Instituto Jane Goodall, dentro dunha campaña de reciclaxe que ten como finalidade protexer o ecosistema africano. Os móbiles recollidos superaron o medio cento e tamén os enviaron ese mesmo día. 

A xornada de convivencia volveu a ser un ano máis todo un éxito e esta edición foi moi especial xa que escolares e profesores se amosaron moi contentos por poder colaborar con causas solidarias.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma