Xornadas de nutrición

ACTIVIDADES

O colexio Padre Feijóo foi o primeiro en participar na iniciativa organizada pola Concellería de Educación

Un momento da charla impartida pola especialista Julia de la Montaña.
Un momento da charla impartida pola especialista Julia de la Montaña.

O centro de ensino ourensán Padre Feijóo acolleu hai uns días unha interesante xornada adicada á nutrición. Tratábase concretamente dun obradoiro de cociña saudable organizado pola Concellería de Educación do Concello de Ourense, no que participaro medio centro de alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato deste centro.

A primeira das actividades organizadas foi unha charla a cargo da especialista Julia de la Montaña, quen lle amosou ós mozos e mozas a preparar dun xeito doado os alimentos que lles servirán como nutrintes para o seu desenvolvemento mental e físico, a través dunha alimentación sa, equilibrada e con hábitos saudables e hixiénicos que redunden no último termo na sociedade.

Estes días continúa esta actividade noutros centros de ensino ourensáns, participarán así nesta interesante iniciativa un total de 231 alumnos e alumnas.

Contenido patrocinado

stats