O Concello de Xinzo reactiva a Torre da Pena con visitas teatralizadas

Visita teatralizada da Torre da Pena, o sábado pasado en Xinzo de Limia.
photo_camera Visita teatralizada da Torre da Pena, o sábado pasado en Xinzo de Limia.

O Concello de Xinzo fará visitas teatralizadas apoiadas pola Deputación de Ourense

O sábado pasado tivo lugar en Xinzo de Limia, unha visita teatralizada á Torre da Pena na que participou un grupo próximo ás 50 persoas.

Esta actividade enmárcase dentro dun plan promovido e financiado pola Deputación de Ourense que percorrerá 25 puntos de alto interere turístico de xullo a novembro.

Trátase da primeira actividade dun novo plan de posta en valor do patrimonio material e inmaterial de Xinzo de Limia, con especial atención ás contornas naturais e ós feitos históricos que agochan construcións tan senlleiras como a Torre da Pena ou o Mosteiro de Trandeiras. 

Durante a visita, a asociación cultural Platea Lúa teatralizou a historia da Torre da Pena, recreando protagonistas tan destacados coma Inés de Castro ou o Conde de Monterrei, que debateron con toques de humor sobre a titularidade das propiedades da Pena á vez que percorrían a súa historia.

O Concello de Xinzo de Limia congratúlouse polo éxito da visita teatralizada á Torre da Pena, e o concelleiro Ricardo Sieiro sinala que “estamos potenciando o patrimonio do noso Concello e seguirémolo facendo. Esta foi tan só a primeira dunha serie de actividades que se irán realizando por todo o territorio limiá nos vindeiros meses”.

Te puede interesar