CON BASTÓN DE MANDO

Xosé Xaquín: “Énos moi necesaria unha reforma agraria"

30.04.15.RAIRIZ.DE.VEIGA.XAQUIN.ALCALDE.
photo_camera Xaquín Rodríguez, no invernadoiro que ten ao lado da súa casa.

Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio chegou á política local en 1995, como concelleiro en Rairiz de Veiga na lista do BNG.

Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio chegou á política local en 1995, como concelleiro en Rairiz de Veiga na lista do BNG. En 1999 encabezou a candidatura nacionalista, acadando a maioría simple e gobernando en minoría. En 2003 e 2007 consolidaba o seu liderazgo municipal con sendas maiorías absolutas, ata que en 2009 decide deixar a formación nacionalista. "Tiña as miñas razóns. Houbo unha campaña de acoso e derribo contra min e se o partido no que militas non só non te defende senón que incluso te ataca, pois daste conta de que non era o meu sitio". Nas eleccións de 2011 volve a sacar a maioría absoluta, pero encabezando a candidatura do PPdeG.

Pasoulle factura ese cambio?

Non, todo o contrario, nin no aspecto persoal, nin no profesional, nin no político. Non digo que foxe unha mellora, pero non me perxudicou. Foi un punto e seguido.

Os seus pasos polos xuzgados, con querellas aínda por resolver, poideron formar parte desa 'factura'?

Eso forma parte da campaña de acoso e derribo de certa xente, entre eles o concelleiro socialista, que é o que me denuncia. No último caso, que está por resolver, denuncioume por prevaricación administrativa, polos reparos da secretaría, pero moitas veces hai que tomar decisións en contra da normativa, porque o contrario significa simplemente que se non cumpres os prazos podes perder unha subvención. Pode haber reparos por erros administrativos, pero estamos tranquilos, porque xa por dúas veces a fiscalía dictaminou o seu arquivo e espero que agora ocurra o mesmo.

Que balance fai destes catro anos de xestión?

Foron catro anos con dificultades, pero non foron malos. O importante é que mantivemos os servizos nun nivel moi alto, como a residencia, a gardería, o colexio, as piscinas, o autobús municipal, a biblioteca e as vivendas sociais. Todos estes servizos son moi bos, pero son deficitarios e o mérito é mantelos. A maiores, seguimos coidando o abastecemento, o saneamento e o alumeado dos pobos, a pesar do grave problema de dispersión poboacional que temos, con 55 núcleos para 1.500 habitantes, o que encarece moito estas tarefas.

Dispersión e envexecemento son os principais lastres do Concello?

Esa é a lacra do rural interior. O problema é de todos, pero son os de arriba, tanto a Xunta como o Estado, os que teñen que darlle solución, porque ó final os do rural somos os últimos sempre e en todo. Se prioriza a costa e despois, ás cidades e ás vilas, e os do rural quedamos sempre para o final.

A pesar da crise, que outros proxectos poideron afrontar?

Ademáis de manter os servizos básicos, seguimos mellorando os camiños rurais e fixemos un plan de apertura e mellora de camiños agrícolas. Rairiz, con 76 kilómetros cadrados, é a única chaira da Limia sen concentración parcelaria e temos problemas de infraestructuras de acceso ás propiedades, ademais de minifundio, polo que énos moi necesaria unha reforma agraria axeitada. Xa se iniciou en dúas parroquias, pero hai que seguir traballando. Tamén melloramos o alumeado público e acabamos de contratar a piscina infantil para o noso espazo recreativo, no que xa hai unha piscina semiolímpica. Outra obra importante que se está facendo o é a ampliación da carretera que vai de Xinzo a Ponte Liñares por Vilar de Santos e Rairiz de Veiga. Ademáis, estamos a ampliar a biblioteca, que acollerá unha doazón que fixo o que foi conselleiro de Cultura, Daniel Barata Quintas, que é de Rairiz.

Que obxectivos se marca para o próximo mandato ?

O primeiro reto é manter o alto nivel de servizos que temos. A partir de aí, gustaríame que se rematara a concentración parcelaria nas dúas parroquias nas que está en marcha, para ver como funciona, pois pon un gran interese na conservación do medio ambiente, xa que somos Reserva da Biosfera e Rede Natura. Queremos seguir coa rehabilitación de vivendas antigas para alquilalas. Temos once que están ocupadas por xente xoven e hai lista de espera, polo que vamos empezar a rehabilitar a primeira doutras cinco casas que nos acaba de ceder a Xunta, para poñela en aluguer. Ademáis, no PXOM reservamos una zona de 15 hectáreas para solo industrial, no que se poidan ubicar empresas do Concello que queren mellorar e ampliarse. Está nun monte comunal, con bos accesos, ó lado da carretera Xinzo-Vilar de Santos, e vamos acondicionar as primeiras cinco hectáreas.

Cales son as potencialidades de Rairiz de Veiga?

O que máis funciona nestes momentos é a agricultura intensiva. As explotacións que hai están bastante adecuadas ó territorio no que su ubican, polo que non temos os problemas de contaminación doutras zonas da Limia.O noso obxectivo agora é potenciar as explotacions de agricultura extensiva que están comezando crearse. En canto á agricultura, coido que debemos encamiñar máis a agricultura ecolóxica, sobre todo os productos hortícolas. Tampouco podemos perder de vista o turismo rural. Temos cinco casas de turismo rural e unha aldea, con un numero moi importante de camas, o que é un exemplo da riqueza natural que posuimos.
 

Te puede interesar