Protesta este venres tralo desacordo entre Goberno de Xinzo e sindicato

Dende o Concello reiteran o seu ofrecemento para o diálogo

O sindicato maioritario no Concello de Xinzo, a CIG, levará a cabo este venres, ás 10,00 horas, unha concentración fronte ás portas da Casa Consistorial de Xinzo para mostrar o seu rexeitamento ao feito de que o Goberno local leve a cabo “un sistema de negociación que consiste en chegar a acordos con determinados grupos profesionais do Concello, algo que non so viola o dereito á negociación colectiva, senon que produce discriminación entre os traballadores ”. 

Dende o sindicato lamentaron que “logo de tentar chegar a un entendemento coa actual alcaldesa, non conseguimos a rexedora atendese ningunha das nosas propostas. Decidiu levar ao pleno os orzamentos de 2021 sen aprobación sindical incluindo acordos con certos grupos do persoal malia os reparos da Secretaría Municipal”. 

Durante a sesión plenaria na que se ratificou a aprobación inicial dos orzamentos, celebrada o pasado 15 de abril, o concelleiro de Facenda, Manuel Pérez Campos, asegurou que o que plantexaban os sindicatos “non tiña que ver co orzamento e non vamos a hipotecar este Concello” . Non obstante, o edil de Xinzo Adiante asegurou  que o Goberno sigue disposto a dialogar.

Te puede interesar