A Limia

Vilar de Santos pon en marcha os programas para os maiores

vilr_result
photo_camera Participantes nundos programas desenvolvidos polo Concello de Vilar de Santos.

As actividades forman parte do Plan de Igualdade e Benestar que impulsa o equipo de goberno municipal

 O Concello de Vilar de Santos ven de poñer en marcha unha nova edición do Programa de Envellecemento Activo, que ven desenvolvendo nos últimos anos e que está dirixido fundamentalmente ás persoas maiores, con actividades adaptadas que se organizan no multiusos da Consistorio todos os lunes, martes e xoves.

Esta é unha das actividades que integran o Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo Concello, que abrangue programas e actividades abertas á participación veciñal e a dinamizacion social.
Neste contexto sitúase o proxecto "Saber envellecer: corpo san en mente sa", que se desenvolve no centro de atención a persoas maiores. Semanalmente, todos os luns, organízanse obradoiros de ximnasia, andainas, memoria en movemento, biodanza, relaxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade, que están encamiñados á prevención da dependencia, o fomento da autonomía persoal e o mantemento da saúde. Estas actividades están impartidas e dirixidas polo equipo multidisciplinar do centro, que está composto por unha psicóloga, unha traballadora social, unha enfermeira, fisioterapeuta e xerocultora.

A maiores, o obradoiro de Ximnasia Activa ten lugar tódos os martes e xoves e está dirixido por un fisioterapeuta, que dirixe ximnasia suave adaptada aos maiores e que ten como obxectivo promocionar a autonomía persoal. Cando o tempo o permite, este programa realizarase nos parques biosaudables que hay no concello e a tal fin, haberá un servizo de asesoramento para o bo uso dos aparados, baixo a supervisión dunha monitora. Segundo sinala o alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, durante o verán ampliaranse as actividades,incorporando a psicomotricidade acuática.

No vindeiro mes de marzo, o Concello porá en marcha o Obradoiro da Memoria, no que os maiores poderán exercitar a memoria mediante exercicios que lles servirán, así mesmo,  para resolver problemas cotiás que poden afecta a súa vida diaria. Neste programa os participantes poderán, entre outras cousas,  exercitar a memoria, a atención ou a concentración, así como estimular, os recordos e a aprendizaxe, mantendo a mente en forma.n

Te puede interesar