A LIMIA

Xinzo Adiante critica ó Concello por ter farolas encendidas de día

Xinzo Adiante critica tamén os criterios que sigue o Goberno municipal para elexir as farolas que se apagan no Concello dentro do plan de aforro

O grupo municipal de Xinzo Adiante difundiu onte un comunicado no que critica a incongruencia que supón que haxa farolas situadas en travesías públicas que se atopan encendidas de día, mentras que o alumeado no nucleo urbano
é moi deficiente. Poñen como exemplo que na tarde do pasado domingo as farolas da travesía de Baronzás estiveron encendidas, cousa que se repetía na tarde do pasado martes. Por contra, o mesmo domingo pola noite, trala actuación das Xornadas de Folclore na Praza Carlos Casares, Xinzo Adiante asegura que as farolas da rúa Curros Enríquez estaban apagadas "e a xente tivo que chegar ás apalpadelas á Praza Maior".

Xinzo Adiante critica tamén os criterios que sigue o Goberno municipal para elexir as farolas que se apagan no Concello dentro do plan de aforro. Considera que "están feitas desde un despacho, pois pódense ver de noite farolas alumeandoleiras mentras que outras situadas preto de casas están apagadas".

Te puede interesar