As xornadas para maiores da Universidade continuarán hoxe en Xinzo

"Camiños de coñecemento e experiencia" volverá a ter como escenario a Casa da Cultura 

Hoxe sábado, en horario de 10,00 horas a 11,30 horas, e de 16,30 horas a 18,00 horas, celebrarase a segunda clase das Xornadas para maiores que promove a Universidade de Santiago de Compostela en Xinzo. "Camiños de coñecemento e experiencia" volverá a ter como escenario a Casa da Cultura e alí se desenvolverá un seminario que fará unha introdución á política criminal, mentres que pola tarde levarase a cabo unha sesión práctica para a resolución de casos e análise de pegadas dactilares. A experta Ana Moure Soengas, graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía, dirixirá a xornada. 

A última sesión desta programación especial está prevista para o próximo 24 de abril e nela falarase sobre as medidas preventivas fronte ao contaxio de enfermidades. Neste senso, os asistentes poderán participar cun debate. Sergio Cinza Sanjurjo, médico de Atención Primaria, dirixirá o encontro.

Te puede interesar