A LIMIA

A Xunta cede a Vilar de Santos un tramo da OU531

O obxectivo deste cambio é racionalizar a estrutura viaria municipal co obxectivo de unificar a titularidade no propio Concello

O Concello de Vilar de Santos será titular, a partir desta semana, dun treito antigo da estrada OU-531 que une aos municipios de Xinzo de Limia e Cortegada e que atravesa o núcleo de Parada. O goberno local solicitou o traspaso dun tramo de 180 metros situado na marxe esquerda da vía á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade -está comprendido entre os puntos quilométricos 8+330 e 8+510-. Neste senso, os servizos competentes informaron favorablemente ao Consistorio deste traspaso que foi aprobado o pasado 10 de xaneiro e que agora ven de ser ratificado. 

O obxectivo deste cambio é racionalizar a estrutura viaria municipal co obxectivo de unificar a titularidade no propio Concello, conseguindo, deste xeito, unha mellor xestión dos recursos públicos. Será a administración local quen teña que realizar agora todas as tarefas de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías.

Te puede interesar