A Praza de Abastos acolle ata o domingo a venta de centos de exemplares

Allariz une a escritores e lectores na Festa do libro

Os libros encheron a Praza de Abastos. (Foto: MARCOS ATRIO)
Lendas, maxia, contacontos e, sobre todo, libros en galego encheron onte de cultura as dependencias da Praza de Abastos de Allariz con motivo da primeira xornada da 'Festa do Libro en Galego'. O Concello de Allariz colabora coas fundacións Vicente Risco e Anselmo Lorenzo e a libraría Aira das Letras na organización da segunda edición da festa que durante todo o fin de semana ensalzará o papel da literatura galega. Un total de 24 editoriais galegas teñen representación entre a morea de libros que se pode ver ata o domingo, de 11,30 a 14,00 e de 17,00 a 20,00 horas.
Veciños e moitos turistas que aproveitaron a ponte do Pilar para visitar a vila do Arnoia, encheron o antigo mercado para botar unha ollada as diferentes publicacións, entre as que se atopaban grandes clásicos da literatura europea e tamén as últimas novidades literarias traducidas ó galego. Máis alá da compra de exemplares, na xornada de onte estiveron pola feira o escritor Miguel Anxo Fernández ou a gañadora do Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2011, Adelaida Vidal, que deleitaron aos presentes co relato das suas obras. O Mago Gusi, co seu espectáculo 'Nadanamanga', puso a nota infantil á xornada.



MERCADO DA RESERVA

Os visitantes de hoxe poderán compaxinar as súas compras literarias coas gastronómicas, ao coincidir co mercado semanal da Reserva da Biosfera onde se poderán adquirir produtos de horta, marmeladas e mel ecolóxicas, cogomelos, embutidos ou queixo do Rexo.

Pola tarde, a partir das 18,00 horas, está prevista a presentación do comic 'Titoán' e do libro'Quere-mos un mundo novo' de Teresa Moure.

A xornada dominical culminará ca presentación do libro infantil 'O cullarapo Croque' as 13,00 horas e, pola tarde, dende as seis, o ilustrador Miguel Robledo asinará os cartaces que fixo da ponte románica de Allariz.

Te puede interesar