Xerente do grupo Avinza

EVA GONZÁLEZ: 'Queremos demostrar que o autoemprego no medio rural é unha saída profesional'

Eva González, no seu despacho en Allariz
O grupo de desenvolvemento rural Avinza GDR 15 é o encargado de xestionar os fondos procedentes da Unión Europea dentro do programa Leader para dez concellos da comarca de Allariz-Maceda. A súa xerente, Eva González, prepara nestes momentos, unha serie de cursos para potenciar o desenvolvemento económico no rural da Península Ibérica.
En que consisten os cursos que teñen pensado desenvolver durante o verán?
Para os meses de agosto e setembro formulamos dúas propostasde cursos para os que xa está aberto o prazo de matrícula, que é gratuita. En primeiro lugar, realizaremos un curso de xestión sostible do monte que terá lugar en Maceda (do 16 deste mes ó 9 de setembro). O segundo, que se celebrará en Allariz entre o 12 e o 30 do mes que vén, terá como obxectivo o fomento do autoemprego. Nel, cada participante, desenvolverá a súa idea empresarial. A idea é traballar sobre casos reais que os alumnos poidan desenvolver nun futuro.

Quen pode acceder a eles?

En principio están abertos á poboación en xeral. Para acceder ó curso de autoemprego realizaremos unha pequena entrevista na que procuraremos xente que teña unha idea de negocio ou pensado crear algo. En función das solicitudes que recibamos, teremos que decidir nas entrevistas. Para o curso de xestión, seguiremos o criterio de xente nova, parados e mulleres.

Cal é a mecánica das clases?

Son programas moi prácticos e levadeiros porque hai moitas saídas acampo. Xunto á formación, queremos animar a que a xente coñeza o territorio porque aínda temos moitos recursos que explotar.

Dentro de que proxecto se enmarcan estes cursos?

Trátase da iniciativa 'Ambiempléate', un proxecto interterritorial a cuatro anos do que formamos parte sete grupos de España e Portugal co obxectivo de crear emprego no medio rural. Cada grupo trata de adaptar a formación á súa realidade. Nós, por exemplo, escollemos Maceda para o primeiro curso polo seu alto nivel forestal. O segundo será en Allariz porque entendemos que é o concello máis dinámico dos que conformamos a comarca. O ano pasado tivemos na Bola un curso de cultivo do castiñeiro que resultou moi satisfactorio.

O autoemprego debe ser unha saída profesional ante a crise?

O noso obxectivo, coa organización do segundo curso, é demostrar que o autoemprego é unha saída profesional. A idea non é facerse millonario, só vivir do que un traballa. Facémolo xusto agora, en tempos de crise, porque queremos que a xente o saiba.n

Te puede interesar