Maceda perfila os actos para conmemorar o 8M

IMG_3951 (1)
photo_camera Os participantes da Mesa Local de Coordinación no Concello de Maceda.
“Nos dimos cuenta de que en estos momentos nos hace falta realizar una serie de charlas u obradoiros sobre autocuidado emocional”, precisou a concelleira de Maceda. 

Este martes celebrouse en Maceda a reunión trimestral da Mesa Local de Coordinación que estivo presidida pola concelleira de Servizos Sociais, Dependencia e Medioambiente, Ana María Rodríguez Blanco; e que contou coa presenza de representantes dos Servizos Sociais municipais, así como do colexio, da Asociación de Nais e Pais, do instituto, do Centro Sociocomunitario, da Cruz Vermella, da Policía Local, da Garda Civil -Equipo Muller e Menor- e da Subdelegación do Goberno-. 

Entre outros asuntos, un dos principais puntos da Orde do Día foi o inicio dos preparativos para conmemorar o 8 de marzo en Maceda. “Nos dimos cuenta de que en estos momentos nos hace falta realizar una serie de charlas u obradoiros sobre autocuidado emocional”, precisou a concelleira de Maceda. 

Por outro lado, ademais da lectura dun manifiesto polo Día da Muller, promoveranse actos para divulgar o labor de mulleres relevantes nos centros de ensino e confeccionarase unha publicación específica chegado o momento.

Te puede interesar