PROVINCIA

O PSOE reclama diálogo ó alcalde de Baños de Molgas

Os socialistas sinalan que "o problema fundamental do que acontece é que o alcalde non ten presentado nin unha sola proposta estratéxica que poida traer ese cambio que todos desexamos"

O PSOE de Baños de Molgas reclama ó alcalde, Xaime Iglesias (BNG), "un diálogo aberto e afán de compromiso" se quere conseguir unha maior colaboración do grupo socialista. O BNG conseguiu tres concelleiros nas eleccións locais de maio, por catro do PP e dous do PSOE. Na investidura do alcalde, o PSOE decidiu a última hora apoiar ó candidato do BNG, desplazando da alcaldía ó PP, aínda que as relacións entre ambos grupos son tensas desde o primeiro momento.

Os socialistas sinalan que "o problema fundamental do que acontece é que o alcalde non ten presentado nin unha sola proposta estratéxica que poida traer ese cambio que todos desexamos para Baños de Molgas". Engaden que esa falta de ideas viuse na proposta de orzamento para 2016, que foi rexeitada polo PSOE, sendo preciso prorrogas os de 2015. Os socialistas aseguran que os veciños de Baños de Molgas "non teñen visto unha sola mellora que non sexa puramente cosmética, nestes primeiros seis meses de goberno do BNG".

Tras recordar que o grupo socialista fixo unha decena de mocións desde setembro, reclámalle ó alcalde "ser eficaz e non perder o tempo en formalismos ou discusións filosóficas". Insiste en que o orzamento para 2016 "debe incluir medidas de alcance estratéxico que sirvan para instrumentalizar o cambio no Concello que votaron os veciños" e conclúen siñandoq ue "o cambioque precisa o Concello necesita o esforzo e a contribución de todas as forzas políticas, evitando o exclusivismo".

Te puede interesar